m5currosenriquezairesdaminhaterra019.html
[p. 109]
PELEGRINOS, Á ROMA
A ira de Dios, en labarada ardente,
Cinguíu d'o Vaticano a cima escura
Y-endómeta, estralante, xorda, dura,
Prendéu d'o falso Cristo n' aspra frente.
Queimad'o altar, sin sólio en que s' asente,
Rodóu por terra o ídolo d' altura,
Y-a boca abrindo desdentada e impura
«Valéime aquí!» berróull' á turba crênte.
Romeiros, acudí!... Sinistro e fosco,
O incendio crece q' a razon atiza;
Cay o Papado, a Fe cheir' á chamosco!
Acudí, pelegrinos!... que n'a liza
Que contr' a Libertade abríu con vosco,
A besta apocalíutica... aguniza.
|
|
|