Anterior Anterior Follatos
¡Deixaino chorar! (páxina 12)
Seguinte Seguinte
m5fdatomuruaisfollatos012.html


[p. 47]


     ¡DEIXAINO CHORAR!

     ¡Probe cego! está chorando.
¡Deixaino chorar!
non trubés c' as vosas risas
o seu trist' afán!

     Él non ve d' os altos ceos
o límpedo azul,
nin d' a lua prateada
a páleda luz.

     Nin ven os seus tristes ollos
nengún resprandor
cando sinte sobr' a testa
o bico d' o sol.


[p. 48]

     Él d' as risoñas cascadas
qu' escoita saltar
non mira as líquedas pelras
de limpo cristal.

     Nin ve os regatos pequenos
que sinte bulir
antr' as frores prefumadas
que trepa n' Abril.

     ¡Enfeliz! está privado
d' o supremo ben
pois d' os fillos qu' idolatra
o rosto non ve.

     Decide os que vês o mundo
si tês curazon
¿haberá cicais alivio
á tan gran door?

     Pois que n-o mund' alegría
pra él n-haberá
non riâs...que non vos ouza...
¡Deixaino chorar!



Anterior Anterior Seguinte Seguinte