m5currosenriquezairesdaminhaterra020.html
[p. 111]
SÓLA
Sóla!... tan sôla cando todos antes
Tras d' ela viñan con lascivo ollar
D'os seus beizos purísimos y-amantes
A virxinal surrisa por buscar.
Tan sóla... cando todo parecía
Un concerto inmortal d'éla arredor,
Unha celest' e branda sinfunía
De garruleiros páxaros d' amor!
Morrer n'o fogo d'a ilusión primeira,
Nesa mañan azul d'a mocedá!...
Ver nacer unha fror n'a primaveira
E vela morta poI-o outono xa!...
[p. 112]
Ay! Será a morte nada máis q' un sono?
Tras d'o outono d'a vida qué hay pra nos?
Colombo topa un mundo n'un outono...
¡Quén tan dichoso que topase á Dios!
|
|
|