Cand'o tiro primeiro
D' aquesta obriña
Agoiraronm' us poucos
Qu' en popa iria,
Por ser bon fado
Hirmanar o seu nome
C' o meu traballo.
Qu' o agoiro cumpreuse
N=hai que decilo;
Qu' outra vez cumpriráse,
De cote, dinmo;
Sea o que queira,
O seu nome, o meu libro,
Leva á cabeza.
E lavarayo sempre,
Viva o que viva,
Qu' a vosté mais qu' á naide
Lle debe a vida;
E, pois, mui xusto
Qu' o seu nome y=o libro
Camiñen xuntos. |