Anterior Anterior Follatos
? caridá (páxina 29)
Seguinte Seguinte
m5fdatomuruaisfollatos029.html


[p. 115]


          Á CARIDÁ

     Salve, raudal cristalino
qu' as nosas culpas lavache
cando d' o peito brotache
d' Aquil que morreu por nos;
labareda inestinguibre
de resprandor soberano
que n-o curazon cristiano
alcend' o sopro de Dios.

     Salve, cravel alcendido
fror qu' antre espiñas naciche
cando o teu cález abriche
n-o tronco santo d' a cruz;
fror que con sangue regada
fuche d' un Dios verdadeiro,
Salve, divino luceiro,
qu' enches o mundo de luz.



Anterior Anterior Seguinte Seguinte