Anterior Anterior Follatos
Perdóalles (páxina 10)
Seguinte Seguinte
m5fdatomuruaisfollatos010.html


[p. 41]


               PERDÓALLES

     Pequena pátrea, amor d' os meus amores,
Galicia hermosa á quen eu quero tanto
¡quén poidera d' os pardos reiseñores
posêr a voz para adicarch' un canto!

     Mais s' o cant' é ruin é ben sentido
pois cuase com' á Dios eu te venero,
currunchiño de groria bendecido
¡quén poidera espricar canto te quero!

     C' o culto d' un artista pr' a belleza
cal divina deidá reverenciada,
coma un avaro adoura á sua riqueza
con mais idolatría eres amada.


[p. 42]

     Com' ama o sol âs frores pelegrinas,
com' un esposo amante á sua esposa,
com' un sedento âs augas cristalinas.
com' un escravo a libertade hermosa,

com' unha nai á un fillo idolatrado,
como s' adoura sempr' un ben perdido,
como quer ô seu lar o desterrado
así t' eu quero á tí, meu ben querido.

     Com' as prantas ô sol que lles dá vida,
com' o náufrago â praya bienhechora,
com' os héroes â groria apetecida
com' os cegos â luz qu' os mundos dora.

     Por seres tan hermosa e disgraceada
e verest' aprimida en tantos modos
así t' eu quero á tí, pátrea adourada,
así te queren ¡ay! os fillos todos.

     Perdóalle ôs que fuxen e te deixan
porque tan negros son os seus pesares,
tan fondas amarguras os aqueixan
que van buscar a morte trás d' os mares.

     Eles ben saben que n-o mund' enteiro
lonxe de tí non topan alegría,
qu' a morriña non cura con diñeiro
e soilo n-o teu chan ten milloría.


[p. 43]

     Eles ben saben qu' esa ausenza mata,
mais c' a carga d' a vida xa non poden
e non te deixan, non, por buscar prata
é qu' a vida lles pesa y-a sacoden.

     Perdoa, pois, ôs probes emigrantes
que tan lonxe de tí renden as vidas,
qu' anqu' ingratos parezan son amantes...
merecen compaseon... ¡son suicidas!

Anterior Anterior Seguinte Seguinte