m5fdatomuruaisfollatos032.html
[p. 121]
DIO-L-EMPARE
Probe nai, leva n-o colo
mais qu' un miniño un cadávre
que xa nin poide chorar
anqu' aguniza de fame.
¡Probe nai que ten o seo
sec' á forza de pesares
e ve morrer o miniño.
e nada ten pra lle dare!
Probe nai, de port' en porta
sempre oindo ¡Dio-l-empare...!
ind' é moza y-é rigusta,
¡vaya con Dios e traballe!
¡Vot' â encrusa ese rapaz,
qu' é un pretexto de folgare!»
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
[p. 122]
¡Votar â encrusa un pequeno
qu' é sua felicidade...!
¡Qué xa rí, que xa gralea...
que ten os ollos d' un ánxel,
qu' é o mais bunito que Dios
puido n-o mundo criare...!
¡Votar â encrusa un filliño
pra que cicais o maltraten...!
¡Xamais...! millor é que morra
n-o colo d' a nai de fame.
¡Probe roliña viuda
que non tivo ond' aniñare!
sempre por portas alleas,
farta de penas y-aldraxes,
por todo consolo oindo
¡Vaya con Dios! ¡Diol-empare!
Dios emparouna por fin,
doull' a coroa d' os márteres.
C' o seu filliño n-o colo
morreu de frio e de fame
e tivo qu' ir a xusticia
erguer entrambos cadávres.
|
|
|