Coñecemos
xa a Marcial Valladares como autor dun Diccionario
gallego-castellano. Iste escritor, nado en Vilancosta, freiguesía
de San Vicente de Berres, na Estrada, o 14 de xunio de 1821, foi un
distinguido periodista i erudito. Colaboróu con don Antonio Machado
Alvarez, ao que proporcionóu materiás folklóricos. En 1844 tíñase
licenciado en Dereito pola Universidade compostelá. Retirado á súa
aldea nadal dende 1866, consagróuse ás letras, abandoando as
actividades políticas ás que adicara algún tempo parte das súas
enerxías; ate que finóu, alí mesmo, o 20 de maio de 1903.
Nista obra interésanos Valladares como poeta e
novelista. No primeiro aspeito é un versificador de estilo familiar,
que non refusa o emprego das espresións tópicas, nen evita certos
cabalgamentos pouco artísticos; pero que, non embargantes, é agradabre
de leer, pois o seu verso é sentido, craro e doce. Unha das súas
poesías máis temperás, de 1845, «Suidades» (1)
, en endecasílabos, lembra moito o sentimentalismo de Alberto Camino.
Tamén hai tenrura na tiduada «A miña aldea» (2),
en pentasílabos. No mesmo metro están escritas as endechas de amores e
ausencia, moi sentidas e persoás, que tiduadas «A ... » (3),
xiran arredor da letra
¿Qué é de ti
agora,
meu ai, ai, ai? |
Un
pouco didácticas de máis son as quintillas «A fonte do Pico Sagro»
(4).
A poesía máis dina de leitura, lembranza e celebración, é
(1) |
Album
de Ia Caridad, páxs. 299-300. |
(2) |
Id.
Páx. 147.
|
(3) |
Id.
Páxs. 325-327.
|
(4) |
IId.Páxs.
272-273. |
[p. 12]
«A castañeira en Santiago»
(5), escrita
aos sesenta anos; peza de moitísimo sabor local, moi linda e graciosa.
É un monólogo posto en boca da castañeira, que fai o seu pregón,
e oferece a súa mercancía
ás
mosiñas
madrugadeiras
que, todas cheas de frío, |
veñen á cidade ás súas
angueiras pra voltar axiña a traballar no campo; ao señor estudante
ao que ten que recomendar
Quietiño... Non sea
tunante, |
mentras o despacha; aos
soldados, que dan un bo toque á ola, favorabremente dispostos polo
engado do corpo xentil da castañeira, e, finalmente, a
doña Urbana,
a comersianta de enfrente, |
boa siareira.
Valladares é tamén autor dunha serie de
cantares de tipo popular, que tiduóu «Vilancosta. Cántigas» ,
inspirada, como se deixa entender, polo amor ao lugar do seu nacimento (6)
; e de algúns epigramas (7).
Como novelista, Valladares merez atención
especial, pois é, cronolóxicamente, o primeiro da nosa renacencia.
Efeitivamente, a il débese a primeira novela galega, Maxina, ou a
filla espúrea, pubricada na Ilustración Gallega e Asturiana (8).
Coa redacción dista obra rea-
(5) |
El
idioma gallego. Tomo 1. Páxs. 79-81. |
(6) |
F.
BOUZA BREY: «Achegos pra a bibriografía de Marcial Valladares como
etnógrafo» , en Boletín de Ia Real Academia Gallega, La
Coruña, tomo XXVII, año 1956, páxinas 19-20.
|
(7) |
Poden
se ver os que comenzan «Bebendo onde eu me atopaba» , «Pedíndolle
a un labrador» , «Consultóu con don Alejos» , en La
Ilustración Gallega y Asturiana, tomo III, Madrid, 1881, páx. 95; «Coa vinagreira na
man»
, «Indo as uvas eu a ver» , «Pepiño rompe un cristal» , en páx. 425 da mesma revista e
tomo; «Unha tarde en que eu sentia» e «Apeándose en
Santiago» , en Galicia humorística, ano 1, tomo 1, núm. 5,
Santiago, 15, marzo, 1888, páx. 152.
|
(8) |
«Majina,
ou a filla espúrea» , por don Marcial Valladares. La
ilustración Gallega y Asturiana, tomo II, 1880, núms. 21-36.
Comeza a novela na páxina 266 do tomo, e remata na 461. |
[p. 13]
lizóu un grande esforzo en varios sensos.
Dende logo, inda que se non trate dunha novela moi estesa, Valladares
superóu a todos os seus predecesores e contemporáneos do renacimento
galego no que se refire ás dimensións do escrito. Maxina é,
efeitivamente, a obra en galego máis estesa antre as pubricadas por
aqueles tempos. Tratándose dunha novela de asunto contemporáneo, e que
en grande parte quere ser de costumes, o autor víase obrigado a
resolver unha infindade de problemas de léisico, morfoloxía e sintase,
pra cuia solución carecía de modelos, e prácticamente de antecedentes
de calquer ordre. Estaba, porén, ben preparado pra o desempeño diste
cometido, como estudoso ben acretado da fala, á que catro anos dempóis
tiña de oferecer o seu Diccionario. Un tesouro de sabiduría
verbo da lingoa popular está esparexido polas páxinas de Maxina.
Mesmo por veces a riqueza de léisico é superabundante, e as frases
semellan compostas escrusivamente pra introducir verbas enxebres. Malia
o que ista preocupación poda perxudicar á fluidez artística do
relato, se non pode negar a importancia que dou á obra como museo da
lingua, como arsenal de vocabros pra a futura prosa galega e como
documento histórico da fala real, xa que adiantando o proceso de
corrupción do idioma popular, iste tipo de obras son as únicas
autoridades de que dispomos pra coñecer o estado de aquíl en cada intre.
Non é menos venerabre a obra como primeiro
ensaio de novela galega, xa non polo que se refire á sua prosa, senón
en canto esforzo por fundar un xénero. Por descontado, Valladares ten
máis importancia como lesicógrafo que como novelista. Pero ter
intentado e levado a cabo a primeira novela galega é xa un mérito
histórico que lle non debemos relear. Contra o que poidera se prever,
Valladares non escribíu unha novela rural. Hai en Maxina
labregos, pero tamén hai señores, e ístes desempeñan na fábula os
papés principás. Maxina é, en realidade, unha novela de xinea
romántica, do tipo de asunto contemporáneo, como, por exempro, o
Flavio de Rosalía de Castro. Pero o sentimentalismo en Valladares está
temperado pola moderación característica diste escritor. Escribindo en
1880, e profesando ideás literarios rexionalistas, non podía se
dispensar de describir esceas de costumes ou tipos populares cun
pintoresquismo máis ou menos realista (9).
(9) |
A
data de 1880 é, dende logo, a da pubricación da novela. Ísta, por
suposto, houbo de esixir pra a súa redacción un espacio de tempo
folgado. Pero escápasenos o coñecimento do que puido mediar antre a
composición e a impresión.
|
[p. 14]
A esposición e o desenlace da novela están
tratados cun tempo lento, miuciosas descripcións de persoas, lugares e
ouxetos e puntual crónica das accións, teñan moita ou pouca
importancia pra o desenrolo da fábula. Pero no meio da obra pasan os
anos rápidamente, o autor renuncia a seguir aos persoaxes de cotío e,
se ao comezo da novela asistimos ao nacimento de Maxina, somos invitado
á súa boda ao final.
Maxina, que dá tíduo ao conto, non é,
porén, o protagonista do mesmo, inda que sí, mesmo antes de nacer, a
causa desencadeante dos acontecimentos. O nome de Maxina, aparece
escrito con j, porque o autor non proscribe isa letra do
abecedario galego; pero, dende logo, entendemos que o pronuncia igual
que si estivera escrito con x, e por iso nós reproducímolo así
nista Historia.
« Majina, pues, llevará de nombre, por mi gusto -dijo
a abó, pronunciando entonce-l-a j com'os gallegos a
pronunciamos» (10).
Nomes non menos peleriños que Maxina, levan
outros persoaxes da novela. Así Otilia, Salvio, Veranio, Ermelio, Adria
e Fara. No diálogo, a xente fina fala en castelán, inda que sexa cos
labradores. Os labregos falan en galego. Algúns persoaxes cómicos
empregan o castrapo. Istes rasgos de inocente realismo, e os inevitabres
convencionalismos e inverosimilitudes, non son dabondo pra restar
interés a iste petrucial prototipo dun xénero inda hoxe non ben
desenrolado.
Maxina oferece a curiosidade de nos presentar
unha muller embarazada que iñora quén foi o autor do seu estado.
Otilia asiste a un baile de máscaras no teatro de Santiago. «A media
noite... entra no salón unha comparsa rara chamada dos
manetizadores, por consistil as súas bromas en querer manetizar a
aquél ou éste... Un dos da comparsa... tanto de manitismo lles
falóu... que... foron hasta un gabinete non moi alumeado, onde o
descoñecido máscara, con estudiada verba e novas garatusas
cloroformizóu... e abusóu de Otilia» (11).
Ísta atópase, así, encinta sen saber de quén.
Tan curiosa, e dabondo fantástica situación
tina xa sido tratada literariamente polo famoso escritor alemán
Heinrich von Kleist (1777-1811), na súa novela A marquesa de 0...
Tal marquesa durante o asalto dunha fortaleza, sofre un esmaio. Tempo
dempóis resulta increibremente embarazada, sen que garde a menor
lembranza do acto de posesión que tivo lugar durante o esmaio
mencioado.
(10) |
Ob.
cit. Páx. 293. A Eirexa conmemora a unha Santa Magina, mártir, o 3 de
Nadal.
|
(11) |
Ob.
cit. Páx. 293.
|
[p. 15]
Tanto en Kleist como en Valladares, vense ao
cabo en coñecimento de quén é o pai da criatura, anque en
circunstancias moi distintas.
Merez tamén un pequeno comentario a técnica
de desenlace empregada polo noso novelista. Conduz íste ao cabo os
acontecimentos cara un final feliz. A desditada Otilia e o seu constante
namorado Salvio, poden finalmente se reunir e vivir tranquíos. Todo é
ledicia na casa de Sancti-Petri. Todo o desenrolo da novela asegúranos,
cando entramos no penúltimo capítulo, que o autor non ten xa outra
cousa que facer senón nos describir unha boda e pechar o relato con
tonos consoladores e outimistas. Pero, súpetamente, bruscamente,
deixándonos verdadeiramente pampos, don Marcial preséntanos un remate
inesperado. A probe Otilia, cando xa non ten motivos pra vivir anguriada...
¡louquea! «¡¡¡Louqueara!!! » (12),
escribe o novelista con triple signo de admiración. E a cousa é
realmente pra ademirar. Seméllanos dende logo inxusta a sorte que se
depara á heroína, se enfocamos sentimentalmente a obra, como farían
as leitoras da Ilustración. Non vemos xustificación sicolóxica nen
artística suficiente nista peripecia. O noso corazón alimenta un intre
a desesperada espranza de que Otilia recupere a razón. Mais non ocurre
nada disto, e o que non podemos negar a Valladares é o mérito de nos
sorprender completamente. Tanto se nos ocurre pensar se o seu plan
primitivo era o final completamente feliz, e só a derradeira hora,
cando tiña que escribir as derradeiras páxinas, sintíuse un pouco
ofendido coidando que todo leitor daba por descontado o que tiña que vir,
e quixo demostrar que era dono dos seus persoaxes ate o final, e que
podia facer con eles, non só o que agardaba o leitor, senón tamén o
que non agardaba (13).
RICARDO CARBALLO
CALERO
(Da Historia da literatura galega e
contemporánea, vol. 1 Galaxia,
Vigo, 1963, páxinas 88-91) |
(12) |
Ob.
cit. Páx. 461.
|
(13) |
A
irmá de Marcial Valladares, Avelina, nada tamén en Vilancosta, o 23 de
outubro de 1825, e morta en marzo de 1902, cultivóu asimesmo a poesía
galega. Fícannos dela algunhas composicións, antre as que figura a
tiduada «A probe orfiña» , que pode se leer en Carré, Literatura
gallega, páxs. 301-303; e a que leva como rubro «Diálogo
entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego» ,
contida no tomo VIII do Heraldo Gallego. Ista, firmada en
Vilancosta, abril de 1879, é bilingüe. O peregrino fala en castelán.
O labrego, en galego. |
|