Anterior Anterior Follatos
N-o album de Carme Malvar (páxina 24)
Seguinte Seguinte
m5fdatomuruaisfollatos024.html


[p. 101]



N-O ALBUM DE CARME MALVAR

     Uchiña d' as alabancias

sonch' os albums d' as hermosas
onde gardan pra vellez
canto de quinc' atesouran,
pra ll' amostrar ôs netiños
aquil moedeiro de grorias.
Garda o teu album, Carmiña,
e gardao ben, pra que poidas
decir mañán qu' eu tamen
dixen de tí ¡vaiche boa!
¡Vaya unha nena garrida!

¡Vaya unha nena xeitosa!

¡Qué voz de crube, meu Dios!

¿Terá un reiseñor n-a gorxa?



Anterior Anterior Seguinte Seguinte