VI Xornada de Onomástica Galega

A onomástica e o Camiño de Santiago

A VI Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes dos lugares no Camiño de Santiago. O encontro, coorganizado pola Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, achegará diversas contribucións arredor da toponimia do primeiro Itinerario Cultural Europeo cadrando coa celebración do Ano Santo Compostelán.

As persoas interesadas en inscribirse deberán seguir as indicacións que figuran no PROGRAMA.

As sesións emitiranse en directo dende academia.gal.