Toponimízate en Rodeiro

A campaña de divulgación Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega a Rodeiro. Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, impartirá no Centro Cultural Manuel Lamazares unha charla sobre a orixe e o significado dos nomes das parroquias e de lugares deste municipio pontevedrés na que tamén explicará como colaborar na recolla de microtopónimos a través da aplicación Galicia Nomeada.