Toponimízate en Fisterra

A campaña de divulgación Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega a Fisterra. Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, impartirá na Casa do Concello unha charla sobre a orixe e o significado dos nomes das parroquias e de lugares do municipio na que tamén explicará como colaborar na recolla de microtopónimos a través da aplicación Galicia Nomeada.