Toponimízate en Castrelo de Miño

O colexio de Castrelo de Miño acolle unha nova charla da campaña de divulgación Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, impartirá unha sesión sobre a orixe e o significado dos nomes das parroquias e de lugares deste municipio ourensán na que tamén explicará como colaborar na recolla de microtopónimos a través da aplicación Galicia Nomeada.