Presentación de 'Últimas tardes con Xohana'

A Real Academia Galega acolle a presentación na Coruña de Últimas tardes con Xohana (Engaiolarte, 2021). O libro recolle os seis poemas que a académica Xohana Torres (1929-2017) escribiu antes de morrer para o volume no que estaba a traballar, que concibira como un conxunto de doce composicións, unha por cada mes do ano.