Presentación de 'Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego'

Camiño Noia Campos presentará a edición da obra en galego de Francisca Herrera y Garrido ao seu coidado nun acto coorganizado pola Real Academia Galega e o Concello de Oleiros. Canda a catedrática emérita da Universidade de Vigo intervirán Víctor F. Freixanes, presidente da RAG; José Leoncio Areal, sobriño neto de Herrera y Garrido; e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.