Premiadas as exposicións das Letras Galegas 2023 do colexio de Lourenzá e do instituto Castelao de Vigo

O colexio Juan Rey de Lourenzá, o concello natal de Francisco Fernández del Riego, e mais o instituto de secundaria Castelao de Vigo son os gañadores do concurso da Consellería de Educación que premia as mellores exposicións escolares sobre o protagonista do Día das Letras Galegas.

O colexio de Lourenzá, onde a Real Academia Galega presentará o vindeiro 6 de marzo a edición de Primavera das Letras dedicada a don Paco, obtivo o galardón na categoría de centros de educación infantil e primaria cunha mostra titulada Desde a Fiestra de don Paco. Na categoría ao que concorreron os demais centros de ensino o premiado foi o IES Castelao cunha proposta titulada Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego.

A colección de 10 carteis que compón cada mostra e a guía didáctica correspondente serán impresas e distribuídas nos centros de ensino de Galicia e do exterior, centros de estudos galegos, concellos, bibliotecas e outros lugares de interese. Tamén estará dispoñible no Portal da Lingua Galega para a súa descarga libre e gratuíta.

Cada centro educativo gañador recibe un premio en metálico de 2000 euros e o profesorado implicado.