Manuel Rivas, distinguido coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é unha das personalidades distinguidas coas Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 2022, concedidas polo Consello de Ministros. O Ministerio de Cultura lembra na súa páxina web que o académico de número é un dos autores galegos con maior proxección internacional e que as súas obras recibiron numerosos galardóns. Varias delas foron levadas ao cine e a súa novela O último día de Terranova (Xerais, 2015), traducida ao inglés como The last days of Terranovafigura entre os cen mellores libros de 2022 segundo o New York Times.

As Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes distinguen as persoas e entidades que destaquen no campo da creación artística e cultural ou que prestasen servizos notorios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio.

Nesta última edición foron premiadas trinta e tres persoas e entidades, entre elas, xunto a Manuel Rivas, a tamén escritora Rosa Montero, os músicos Víctor Manuel, Concha Biuka e Luis Pastor Rodríguez, os actores Karra Elejalde e Javier Cámara, a montadora Teresa Font, a Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao e a Academia de España en Roma.