A Academia elixe este sábado a figura protagonista do Día das Letras Galegas 2023

O pleno da Real Academia Galega celebra este sábado, 9 de xullo, o pleno ordinario no que se elixirá a figura á que lle dedicará o Día das Letras Galegas 2023. Ao termo da xuntanza, o presidente da institución, Víctor F. Freixanes, anunciará en rolda de prensa a decisión adoptada.