'Toponimízate' na Fonsagrada

O salón de actos municipal dos Chaos acolle a parada da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra na Fonsagrada. O coordinador técnico do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, impartirá unha charla sobre a orixe e o significado de distintos topónimos deste concello lugués e explicaralle ao púiblico como colaborar na recolla de microtopónimos empregando a aplicación Galicia Nomeada.

Toponímizate é unha iniciativa coordinada pola Real Academia Galega e desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia.