Presentación

Desde a súa fundación en 1906, a Real Academia Galega foi concibida como unha ferramenta que os galegos se daban a si mesmos para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma. Nin nos momentos máis difíciles da nosa longa historia deixou esta institución de atender aquel compromiso inicial, quer mediante as súas publicacións, quer mediante actos de homenaxe pública a figuras senlleiras da nosa cultura. Hoxe, máis de cen anos despois daquela data, a Academia proponse manter o seu servizo á sociedade galega dando resposta aos novos retos formulados neste século que comeza.

Obxectivos da Real Academia Galega

Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:

  • A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica.
  • O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de uso.
  • A modernización e actualización do léxico.

Estudar e propor a restauración da onomástica galega.

Velar polos dereitos do idioma galego.

Defender e promover o idioma galego.

Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social.

Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.

Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Estatutos da RAG
Capítulo I, Artigo I

"A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego."

Lei de Normalización Lingüística
Disposición adicional

"Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega."
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar