Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Nélida Piñon
Río de Xaneiro , 03/05/1937


Nada en 1937 no Rio de Janeiro dun matrimonio de emigrantes galegos, Nélida Piñon elixiu desde nena o oficio de escritora. Formouse no curso de Xornalismo da Faculdade de Filosofia da Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. Con vasta bibliografía, publicou máis de vinte e cinco libros e as súas obras foron traducidas en máis de trinta países: novelas, contos, ensaios, discursos, crónicas e memorias. Estreouse na literatura en 1961 coa novela Guia-mapa de Gabriel Arcanjo, e destacouse, entre outros títulos, cos libros de contos Tempo das frutas, Sala de armas, O Calor das coisas, as novelas A Casa da Paixão, Tebas do meu coração, A República dos Sonhos, A doce canção de Caetana, Vozes do deserto, as crónicas de Até amanhã; os ensaios Aprendiz de Homero e memorias Coração Andarilho e Livro das Horas.
 
Nesta ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso A épica do coraçâo. A Coruña: RAG, 2014.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar