Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Giulia Lanciani
Italia


Giulia Lanciani

Catedrática de literatura portuguesa e brasileira no Departamento de literaturas comparadas da Universitá Roma Tre, ten un amplo abano de intereses literarios que inclúe a lingua, literatura e cultura galegas, nalgunha das súas expresións máis xenuínas.

Poderíase resumir o seu extenso currículum investigador en tres liñas privilexiadas: a literatura contemporánea de expresión portuguesa, os textos portugueses da Idade Moderna e a nosa lírica medieval.

Giulia Lanciani é unha das principais tradutoras, ademais, de textos de autores de literatura galega contemporánea,como Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, ao italiano.

Nesta ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso, Aventuras e desventuras da transmisión manuscrita da lírica medieval galega. A Coruña: RAG, 2014


Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar