Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Carlos Alberto Zubillaga Barrera
Montevideo


Carlos Alberto Zubillaga Barrera é historiador, xenealoxista e docente universitario uruguaio, nacido en Montevideo no ano 1941. Cursou estudos de Dereito na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de la República, que interrompeu para dedicarse ao que sería a súa principal vocación: a investigación histórica e a docencia universitaria.

En 1973 gradúase como licenciado en Ciencias Históricas na Facultade de Humanidades e Ciencias da Universidade da República e no ano 2001 obtén o seu Doutorado en Historia na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires. Ten unha ampla e extensa actuación universitaria, na docencia, investigación e extensión, así como nas actividades de goberno da estatal Universidade da República. Foi membro do Consello da Facultade de Humanidades e Ciencias (desde 1989 denominada Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación) en representación da Orde Estudantil, da Orde de Egresados e da Orden Docente, respectivamente. Ademais foi Decano de dita Facultade en dous mandatos: 1989-1993, 1993-1997 e integrante do Consello Directivo Central da Universidade de la República entre os anos 1988-1997.

O cultivo profesional da historia concentrouno primordialmente (salvo no período da ditadura cívico-militar uruguaia 1973-1985) na mencionada Facultade. Foi Profesor Titular (Grao 5) da Historia da Historiografía e de Teoría e Metodoloxía da Historia, Investigador en réxime de Dedicación Total, Director do Departamento de Historioloxía, Coordinador do Instituto de Ciencias Históricas, Director do Centro de Estudos Galegos (Cegal), Profesor de cursos de especialización para graduados, Profesor de cursos e seminarios de postgraos, Titor de proxectos de investigación, Director de teses doutorais e de mestría, e integrante de tribunais para xulgar teses de mestría e de doutorado.

Desempeñou tamén noutras institucións uruguaias, públicas e privadas de educación superior. Foi Profesor de Teoría e Metolodoxía da Historia no Instituto de Profesores “Artigas” (IPA) de Montevideo, entre os anos 1971-1977, Director do Seminario de Formación de Investigadores en Historia no Centro Latinoamericano de Economía Humana de Montevideo, dende 1977 a 1983, Profesor de Historia da Cultura (1979-1985) e de Historia Latinoamericana e Nacional (1983- 1985), no Instituto Teolóxico de Urugaui “Monseñor Mariano Soler”. Noutra orde, foi columnista do montevideano Semanario Aquí (1983-1986). No ámbito internacional, foi Profesor visitante, Profesor de cursos e seminarios de mestría e doutorado na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Oviedo e na Universidade Nacional de Mar del Plata. É autor dunha vastísima obra, abordando ao longo da súa traxectoria diferentes temáticas de indagación histórica y dende unha perspectiva multidisciplinar.

Representante da chamada Nova Historia contribuíu á renovación historiográfica uruguaia iniciada nos anos sesenta, e é un dos principais referentes da historiografía Uruguai contemporánea e da reflexión teórico-metodolóxica da Historia. Prestou tamén unha especial atención á Xenealoxía, máis precisamente á nova Xenealoxía moderna, democrática, despexada de prexuízos nobiliarios e de sangue, preocupándose pola difusión dos seus novos aspectos teórico-metodoloxícos e da súa calidade de ciencia auxiliar da Historia e de varias outras disciplinas. Nese campo recoñece como mestre ao incansable Dr. Juan Alejandro Apolant, alemán de nacemento e radicado en Uruguai tras o ascenso do nazismo, quen escribiu a monumental obra xenealóxica Génesis de la Familia Uruguaia.

Entre as súas moitas publicacións, destacan:
Historia e Historiadores en el Uruguay del siglo XX, Montevideo, Librería de la Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación, 2002.
Carlos Gardel (Prólogo del escritor argentino Jorge Luis Borges), Madrid, Ediciones Júcar, 1976.
Artigas y los Derechos Humanos, Montevideo, Edición del Comité Central Israelita del Uruguay, 1966. Herrera.
La encrucijada nacionalista (en colaboración).Montevideo, Editorial Arca, 1977. Cristianos y cambio social en el Uruguay de la modernización (1895-1919), Montevideo, Ediciones del CLAEH, 1982.
El radicalismo blanco. Las disidencias del tradicionalismo.
El reto financiero. Deuda externa y desarrollo en Uruguay (1903-1933).
El batllismo, una experiencia populista.
Historia del movimiento sindical uruguayo. Varios tomos.
La democracia atacada.
El pensamiento socialista en Uruguay.
Castelao y el Uruguay.
Hacer la América. Estudios sobre inmigración española en el Uruguay.
Pan y Trabajo. Organización sindical, estrategia de lucha y arbitraje estatal en Uruguay (1870-1905).
Los desafíos del historiador.
La utopía cosmopolita. Tres perspectivas históricas de la inmigración masiva en el Uruguay
.
Las voces del combate. Un vocabulario de los orígenes del movimiento sindical uruguayo.
El otro 900. Poesía social uruguaya.
Cultura popular en el Uruguay de la inmigración. Dos textos desconocidos de Edmundo Bianchi.
A prensa galega de inmigración en Uruguay.
Notas para una teoría de la ciencia genealógica.
Los cruceiros del Montevideo antiguo.


Nesta ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso, Relixión e relixiosidade na temperá emigración galega a Uruguai. A Coruña: RAG, 2012.


Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar