Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Francisco Xavier Río Barja
Lugo, 16/11/1919


25/06/1983


Ramón Piñeiro López, Manuel Chamoso Lamas e Antonio Fraguas Fraguas


Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana




Antonio Fraguas Fraguas


Pegerto Saavedra Fernández (14/09/2013 - )
Francisco Xavier Río Barja (25/06/1983 - 05/01/2011)
Álvaro Cunqueiro Mora (21/04/1963 - 28/02/1981)
Ramón Cabanillas Enríquez (31/08/1920 - 13/10/1957)
José Salgado Rodríguez (04/09/1905 - 10/05/1916)


Francisco Xavier Río Barja (Lugo, 1919) estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942 e, posteriormente, en 1953, doutorouse en Ciencias Históricas, en Madrid. O seu labor docente desenvolveuse na Facultade de Xeografía, da que foi profesor adxunto durante varios anos e onde foi discípulo e colaborador de Ramón Otero Pedrayo, que naquelas datas era Catedrático de Xeografía. Na Escola Universitaria de Xeografía de Santiago exerceu como Catedrático de Xeografía e director (1975-1984). Dirixiu e organizou desde a Universidade de Santiago diversos traballos de investigación así como memorias de licenciatura sobre temas fundamentais de Economía galega. Organizou e dirixiu baixo o patrocinio do Instituto de Ciencias da Educación diversos cursos de perfeccionamento sobre Didáctica da Xeografía. En 1985 a Consellería de Educación encargoulle a realización da adaptación para Galicia dos programas de educación primaria.

Participou e participa en xornadas, congresos e reunións nacionais e internacionais e froito do seu labor investigador son obras como: El perfil longitudinal de río Xallas, Los estudios climatológicos de Galicia desde el punto de vista de la climatología, Estudio económico del Valle de la Mahía, A personalidade xeográfica de Otero Pedrayo

Forma parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1962 e como membro numerario desde o 25 de xuño de 1983, data en que leu o discurso de ingreso Interpretación xeográfica da paisaxe compostelana, que foi contestado en nome da institución por Antonio Fraguas Fraguas.

Pertence ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que foi director, ao Consello da Cultura Galega, á Academia das Ciencias de Galicia, e ao Instituto Galaico-Miñoto, entre outros.

Os seu labor viuse recoñecido con diferentes distincións entre as que cómpre salientar o Premio Valle Inclán e o Alfredo Brañas do Centro Gallego de Buenos aires, o Primeiro Premio do Departamento de Seminarios de Lugo, o Premio Ramón Mourente de xornalismo, a Medalla Castelao en 1996, o Premio Trasalba en 1995, ou o Premio das Letras e das Artes 2001.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar