Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Sebastián Martínez-Risco y Macías
Ourense, 19/01/1899


18/04/1953


Ángel del Castilo López, Francisco Vales Villamarín e Leandro Carré Alvarellos


O sentimento da xustiza na literatura galega




Manuel Banet Fontenla


Andrés Torres Queiruga (20/06/1980 - )
Sebastián Martínez-Risco y Macías (18/04/1953 - 24/09/1977)
Eladio Rodríguez González (04/09/1905 - 14/04/1949)


Presidente (09/10/1960 - 24/09/1977)


Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade)
Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017)
Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010)
Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001)
Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997)
Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977)
Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960)
Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944)
Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944)
Manuel Lugrís Freire (28/04/1934 - 20/08/1935)
Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934)
Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926)
Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923)
Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923)

Naceu en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e morreu na Coruña o 24 de setembro de 1977. Foi un xuíz, avogado, ensaísta e poeta. Foi membro numerario da Real Academia Galega e o seu Presidente. Sobriño de don Marcelo Macías, ilustre orador e fillo adoptivo de Galicia; irmán de Manuel Martínez-Risco, investigador na óptica e na acústica, catedrático da Universidade de Madrid e deputado ás Cortes Constituíntes da Segunda República española; curmán de Vicente Risco, insigne promotor do segundo renacemento galego; a familia da que procede don Sebastíán Martínez Risco encóntrase de cheo incardinada no mundo cultural galego. Así, o noso biografado continuou a tradición familiar e atendeu a chamada do seu país. Puxo, xa que logo, ao servizo de Galicia os seus saberes técnicos de xurista atento e o seu talento de creador literario na poesía, novela e ensaio.

Cursou os estudos primarios e secundarios na súa cidade natal para continuar os de Dereito nas Universidades de Madrid e Zaragoza. No ano 1924 ingresou, por oposición, na carreira xudicial, exercendo de xuíz en Vilalba, no Barco de Valdeorras e A Coruña, accedendo á maxistratura, ao gañar ese cargo, con destino en Xirona, onde solicitou a excedencia en 1944. Durante os 25 anos en que estivo exento voluntariamente na carreira xudicial, exerceu a avogacía adscrita aos Ilustres Colexios de Avogados da Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, pero tamén se dedicou ás numerosas actividades de tipo literario e cultural que viña desenvolvendo desde a mocidade. Na súa época en Madrid destacouse con moitos dos seus traballos poéticos publicados en La Esfera, que, ademais, foron recollidos por varios xornais e revistas de Latinoamérica, especialmente en Excelsior, diario de Maracaibo, e na revista Galicia, de Bos Aires.  En 1945, a súa poesía, de reminiscencias neotrobadorescas e hilozoístas, foi premiada nos Xogos Florais organizados en Compostela co motivo do VIII centenario da morte de Xelmírez coa súa composición “O boneco” e con dúas mencións honoríficas polas tituladas “O apestado” e “Canteiros”. Durante os anos 1947 e 1956 colaborou en Galician Programme, programa de radio da BBC de Londres en lingua galega, cunha achega á figura de Concepción Arenal. A personalidade de D. Sebastián Risco -nas súas dúas grandes dimensións: a de escritor e a de xurista-  foi escollida membro de número da Real Academia Galega o 26 de marzo de 1950, se ben non tomou posesión ata o 18 de abril de 1953. Como Presidente da Corporación, foi escollido para o cargo en 1960, tralo pasamento de D. Manuel Casás Fernández. O noso biografado deu un novo pulo á Corporación, creando o Museo Monográfico Emilia Pardo Bazán, instalado co legado feito á Academia pola ilustre autora, e habilitando a nova sé da Academia na casa doada pola condesa.

A súa preocupación por Galicia e o seu recoñecemento no mundo levárono a participar no magno proxecto da fundación da Editorial Galaxia, en 1950. O seu fecundo labor fíxoo acredor de numerosas distincións que se engaden ao cargo académico, como a de Presidente do Patronato do Museo Emilia Pardo Bazán, Presidente Honorario do Centro Gallego de Xixón, membro de número do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, membro de Honra do Instituto de Estudos Ourensáns Padre Feijóo, conselleiro provincial de Educación de Coruña, socio honorario do Centro Ourensán de Bos Aires, socio da Sociedade de Lingua Portuguesa de Lisboa, socio correspondente da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia de Oporto e tamén da Asociación Jurídica de Braga.

Para comprendermos a produción de D. Sebastián Martínez é preciso ter en conta as dúas dimensións da súa personalidade: xurista, por unha banda, e escritor e estudoso da literatura, pola outra. Como xurista, foi un civilista rigoroso e un foralista convencido, coñecido como unha das figuras máis sobranceiras no ámbito do Dereito civil especial de Galicia. No labor xurídico de Sebastián Risco, coma o literario, conflúen os problemas nacidos da colisión dunha normativa viva e axustada á nosa realidade xurídica con outra normativa obrigatoria e asimiladora da realidade galega. Sebastián Risco foi, xa que logo, un loitador incansable a prol da normativización do Dereito Galego e así o puxo de manifesto na grande parte dos seus traballos.

Algunhas das súas valiosas achegas metodolóxicas nos ámbitos da Xustiza e da literatura son as seguintes:
O sentimento da xusticia na literatura galega: Discurso lido perante a Real Academia Galega na reiceición celebrada o día 18 de abril do 1953. Vigo: Galaxia, 1953
El régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales. Bos Aires: Citania, 1958.
Iconografía Pondaliá.A Coruña: Real Academia Galega, 1965.
Santiago de Compostela: Cuna del milagro: Constelación de Europa: Sede universitaria. A Coruña: Moret, 1971.
Las ideas jurídicas del Padre Feijoo. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo, 1973.     
Presencia da lingua galega: Conferencia.A Coruña: Ediciós do Castro, 1973.
Conferencias encol de Castelao. Bos Aires: Edic. Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires, 1977.

A súa produción literaria conta cos seguintes títulos:
Novela
La tanza negra: ejemplo y agonía del Juez Oría: novela. Barcelona: Ediciones Ayma, 1943.

Poesía
Trébol poético:recuerdo de Compostela. A Coruña: Roel,1943.
14 Nadaliñas: 1958-1973. Sada: Ediciós do Castro, 1973.
Do recuncho amado. Sada: Ediciós do Castro, 1980.

Ademais, para unha achega rigorosa á obra de Martínez-Risco y Macías, cómpre atender aos seu numerosos artigos publicados no Boletín da Real Academia Galega e noutras publicacións como Coruña, Galicia emigrante, Grial, Vieiros, Scientia Jurídica, órgano da Sociedade Jurídica Portuguesa, ou na sección galega da revista portuguesa Quatro Ventos. Tamén colaborou en libros colectivos como Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e asúa obra: homaxe da Galicia Universal, O porvir da lingua galega ou Introducción á economía galega de hoxe. Asemade, non debe esquecerse a faceta conferenciante de Martínez-Risco y Macías que, con disertacións coma “Sugerencias plásticas y paisajísticas en los poetas gallegos”, “La mujer en la pintura gallega”, “La fauna en la poesía gallega” ou  “Elogio y denuesto de la abogacía”, foi escoitado en numerosos centros culturais de España, Latinoamérica e Portugal. 



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar