Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Fernando Martínez Morás
A Coruña, 31/05/1885


20/11/1926


Uxío Carré Aldao, Manuel Martínez Murguía e Rafael Pérez Barreiro


La toponimia de Galicia




Eladio Rodríguez González


José Luís Bugallal y Marchesi (04/01/1951 - 26/12/1989)
Fernando Cortés Bugía (27/07/1941 - 25/03/1948)
Fernando Martínez Morás (20/11/1926 - 11/09/1937)
Eladio Oviedo y Arce (04/09/1905 - 19/01/1918)


Secretario (18/01/1927 - 11/09/1937)


Xosé Henrique Monteagudo Romero (20/04/2013 - Actualidade)
Xosé Luís Axeitos Agrelo (23/01/2010 - 13/03/2013)
Manuel González González (17/12/2005 - 16/12/2009)
Manuel González González (20/12/2001 - 16/11/2005)
Constantino García González (29/11/1997 - 29/11/2001)
Marino Dónega Rozas (20/03/1983 - 29/11/1997)
Francisco Vales Villamarín (17/04/1949 - 25/08/1982)
Ramón de Artaza y Malvárez (19/06/1944 - 15/10/1944)
Fernando Martínez Morás (18/01/1927 - 11/09/1937)
Eladio Rodríguez González (27/01/1920 - 20/11/1926)
Uxío Carré Aldao (20/11/1909 - 02/08/1919)
Salvador Golpe Varela (01/12/1906 - 23/06/1909)
Uxío Carré Aldao (04/09/1905 - 20/11/1906)

Naceu na Coruña o 31 de maio de 1885 e morreu en León en setembro de 1937, nun accidente automobilístico mentres exercía como correspondente de guerra para La Voz de Galicia, na súa edición da Coruña. Foi un xeógrafo e escritor galego que tamén desenvolveu estudos de historia e filoloxía. Foi, ademais, membro fundador da Real Academia Galega e o seu Secretario. 

Fillo de Andrés Martínez Salazar, arquiveiro de orixe castelán comprometido coa cultura galega, Martínez Morás gozou de bolsas para a súa formación en lingua e literatura inglesas no University College de Londres, Universidade de Oxford, e noutros centros británicos. Logo destas estadías, desempeñou a cátedra de Xeografía Económica da Escola Superior de Comercio da Coruña e, posteriormente, o cargo de Xefe de Redacción de La Voz de Galicia na Coruña.  Seguindo a tradición familiar de defensa e promoción da cultura tomando a Coruña como centro do seu compromiso, fundou e mesmo dirixiu a Universidade Popular da mesma cidade, presidiu a Asociación de la Prensa, foi membro da Sociedade Filharmónica, da Comisión Provincial de Monumentos, secretario da Real Academia Provincial de Belas Artes e concelleiro por elección popular do Concello da Coruña. Asemade, en 1908, co gallo da celebración do centenario da Guerra da Independencia, foi nomeado comisario da provincia da Coruña polo comité executivo da Exposición Regional de Santiago para seleccionar os obxectos que haberían de exhibirse. O seu entusiasmo transcende o ámbito local e chega a participar na Real Academia de la Historia coma correspondente e na Real Academia Galega como membro numerario desde o 20 de novembro de 1926, pola proposta de Uxío Carré Aldao, Manuel Martínez Murguía e Rafael Pérez Barreiro. O seu discurso de entrada, La toponimia de Galicia, conxuga as súas dúas grandes paixóns, a xeografía e mais a lingua galega, e supón, aínda hoxe, unha achega fundamental a aquela disciplina. Na Academia Galega desempeñou o cargo de secretario desde o 18 de xaneiro de 1927 até o 11 de setembro de 1937.

Consagrou a súa vida á análise de distintos aspectos da historia de Galicia, moi especialmente sucesos relativos á Guerra de Independencia, pero tamén da xeografía e a economía, sen esquecer a filoloxía e a arte. Os títulos principais da súa produción encóntranse recollidos en publicacións exentas e en multitude de artigos que acolle, fundamentalmente, o Boletín da Real Academia Galega. Salienta, neste sentido, o artigo "Gramática de la lengua portuguesa": o seu respecto e interese pola lingua galega, desde as súas orixes galego-portuguesas deica a súa vixencia no século XX, levouno a desenvolver esta tradución da obra do filólogo austríaco Julius Conru e a elaborar o apéndice titulado “Morfología del gallego moderno”, onde se manifesta o detalle co que Martínez Morás estudou obras de filoloxía tendo como principal referente a Gramática de Saco y Arce.

Publicacións exentas
La región gallega: Notas geográfico-económicas. A Coruña: Imp. Zincke Hermanos, 1936. Con María de los Ángeles Lens de Patiño.
La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, Juntas subalternas o Comisiones Provinciales: La Primera Diputación única, de Galicia: 1810-1814. A Coruña: Deputación Provincial, 1955. Este ensaio xa fora premiado no Certame de Santiago de Compostela en 1908.
La Toponimia de Galicia. La Habana: Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega, 1962.

Actualmente, a biblioteca Martínez-Barbeito, propiedade da fundación Pedro Barrié de la Maza, conta cos fondos de Andrés Martínez Salazar; do seu fillo, Fernando Martínez Morás e do seguinte descendente, Carlos Martínez-Barbeito (1913-1997), que rematou de elaborar unha das máis importantes coleccións de bibliografía galega ao contar con máis de 11.000 volumes de obras relativas a Galicia.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar