Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Florentino López Cuevillas
Ourense, 14/11/1886


27/07/1941


Ramón Otero Pedrayo, Ángel del Castillo López e Alejandro Barreiro Noya


*O 27 de xullo de 1941 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, que pronunciou Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen contestou en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Florentino López Cuevillas formaba parte deste grupo de académicos. 




Manuel Casás Fernández


Chus Pato (23/09/2017 - )
Xosé Fernández Ferreiro (09/03/2013 - 16/12/2015)
Francisco Fernández del Riego (03/11/1960 - 26/11/2010)
Florentino López Cuevillas (27/07/1941 - 30/07/1958)
Uxío Carré Aldao (04/09/1905 - 18/12/1932)


Florentino López Alonso-Cuevillas, membro da Xeración Nós, foi antropólogo e historiador -considerado o primeiro sistematizador da prehistoria galega-, achegándose, ademais, ao ensaio e á narración literaria.

Naceu en Ourense o 14 de novembro de 1886. Estudou Farmacia en Santiago de Compostela e Filosofía e Letras -que non rematou- en Madrid. Sen chegar a exercer como farmacéutico, e de volta en Ourense, comezou a traballar como funcionario na delegación de Facenda.

Nos anos seguintes compaxinou este labor coa investigación e a política. As súas primeiras mostras literarias foron colaboracións -en castelán- de carácter sociopolítico en publicacións locais, como La Centuria ou El Miño. O seu ingreso nas Irmandades da Fala, arredor de 1918, achegouno ao galeguismo. Así, dous anos despois, Cuevillas participou no nacemento da revista Nós, xunto a Risco e Castelao, entre outros. Nela editou o seu primeiro e máis salientable artigo, "Dos nosos tempos", onde explica o significado do Grupo Nós e a súa transcencencia para a cultura galega. En 1921 publicou "A mansión de Aquis Querquernis", un estudo sobre a Galicia prerromana. Esta predilección pola arqueoloxía levouno a dirixir a sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou en 1924. No seo da institución desenvolveu numerosos estudos, promoveu a creación doCatálogo dos castros galegos e contribuíu ao uso da nosa lingua. Pero estas actividades quedarían truncadas en 1936, co comezo da guerra civil. Tras a contenda, seguiu publicando os resultados das súas investigacións. É o caso de La civilización céltica en Galicia, de 1953.

Dous anos despois de se retirar, faleceu na súa cidade natal, o día 30 de xullo de 1958. Postumamente saíu do prelo, en 1962, Prosas galegas, 1920-1958, unha obra que compila os seus artigos de carácter literario e ensaístico. A súa produción científica foi difundida a través de publicacións como Nós, os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense ou os Cuadernos de Estudios Gallegos.

Obra

Antropoloxía
Bibliografía da prehistoria galega. A Coruña: Nós, 1927.
Prehistoria e folklore da Barbanza. A Coruña: Nós, 1927-1928. Con Fermín Bouza Brey.
Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galiza. A Coruña: Nós, 1929. Con Fermín Bouza Brey.
Vila de Calvos: notas etnográficas e folklóricas. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1930. Con Xaquín Lourenzo Fernández. 
La civilización neo-eneolítica gallega. Madrid: Junta para la Ampliación de Estudios, 1931. 
Cómo nasceu a cidade de Ourense. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1934. 
Puertas de castros gallegos. Madrid: [s.n.], 1935. 
Parroquia de Velle. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1936.
Las joyas castreñas. Madrid: CSIC, 1951.
La Edad del Hierro en el Noroeste: la cultura de los castros. Zaragoza: Tip. "La Académica", 1953.  
La civilización céltica en Galicia. Santiago de Compostela: Porto, 1953.
Trabajos inéditos. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1958. 
A Edade do Ferro na Galiza: traballo lido no Seminario d'Estudos Galegos de Santiago de Compostela o día 18 d'abril de 1924. A Coruña: Real Academia Galega, 1968. 
Castro de Cameixa: campañas 1944-46. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Cultura do Patrimonio Histórico-Artístico, 1986. 
O culto das fontes no noroeste hispánico. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2002. 

Compilacións e estudos sobre o autor
Homenaxe dos amigos e discípulos do petrucio de prehistoria galega Florentino L. A. Cuevillas no LXX aniversario do seu nacemento. Vigo: Galaxia, 1957. 
CAIXA OURENSE (ed.)
Miscelánea. Ourense: Caixa Ourense, 1987. 
CONCELLO DE OURENSE (ed.)
Cosas de Orense: artículos publicados en el diario La Región. Ourense: Concello de Ourense, 1969.
DÓNEGA ROZAS, M. (ed.)
Prosas galegas. Vigo: Galaxia, 1962.
OTERO PEDRAYO, R.
Florentino L. Cuevillas. Vigo: Galaxia, 1980.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar