Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Gonzalo López Abente
Muxía, A Coruña, 24/03/1878


27/07/1941


Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo López


A terra e a poesía de Eduardo Pondal

[O 27 de xullo de 1941 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, que pronunciou Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen contestou en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Gonzalo López Abente formaba parte deste grupo de académicos. O seu discurso de ingreso na Institución, A terra e a poesía de Eduardo Pondal, foi publicado pola Real Academia Galega en 1965]




Manuel Casás Fernández


Xosé Henrique Monteagudo Romero (25/02/2012 - )
Antonio Gil Merino (13/12/1975 - 18/10/2009)
Gonzalo López Abente (27/07/1941 - 25/07/1963)
Manuel Lugrís Freire (04/09/1905 - 15/02/1940)


Gonzalo Francisco López Abente foi un escritor que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, xénero en que a súa escrita brillou especialmente, con libros de poemas caracterizados pola sinxeleza e o intimismo que literaturizaron, unha vez máis, a contorna da Costa da Morte.

Naceu en Muxía o 24 de marzo de 1878. Tras estudar o bacharelato e a carreira de Dereito en Compostela, viaxou por Francia, Bélxica e Holanda, para logo instalarse definitivamente na vila natal, onde traballou como funcionario da banca. Mais este oficio non lle impediu relacionarse cos fenómenos políticos e culturais do seu tempo. Así, ocupou a dirección da Irmandade de Amigos da Fala de Muxía, colaborou en RonselNós,RexurdimentoEl Noroeste ou A Nosa Terra, e participou en empresas culturais como a Colección Lar ou o Seminario de Estudos Galegos. Co triunfo do bando franquista, foi depurado do seu traballo como xuíz municipal suplente. O día 23 de xullo de 1963 falecía na vila onde nacera.

A súa produción poética sitúao na escola do "poeta da raza", xunto a Ramón Cabanillas, cos libros Escumas da ribeiraAlento da raza eD'Outono. Posteriormente, chegaron composicións máis maduras, de estrutura máis sinxela e carácter intimista, como NemancosCentileos nas ondas ou a obra póstuma Decrúa.

Como narrador gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d'A Nosa Terra coa novela O Diputado por Veiramar. Nesta obra deixou constancia das súas inquietudes sociais, como tamén o fixo noutras novelas curtas, como O escándalo e O novo xuez. Coa intención de contribuír a unha literatura popular e accesible, publicou dúas narracións sobre un trío amoroso: Buserana e Fuxidos. Fixo unha única incursión na novela longa, conVaosilveiro, e outra no teatro: o 20 de febreiro de 1921 estreou María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña.

Obra

Narrativa
O Diputado por Veiramar. A Coruña: Imprenta Nova, 1919. 
O novo xuez. Ferrol: Céltiga, 1922.
Buserana. A Coruña: Lar, 1925.
Fuxidos. A Coruña: Lar, 1926.
Vaosilveiro. A Coruña: Nós, 1929.

Poesía
D'Outono. A Coruña: Ronsel, 1924.
Nemancos. A Coruña: Nós, 1929.
Centileos nas ondas. Vigo: Galaxia, 1958.
Decrúa. Bos Aires: Edicións Muxía, 1966.
Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca: poesías inéditas. A Coruña: Real Academia Galega, 1971. 
VILLAR, M. (ed.)
Bretemada. Lugo: Alvarellos Editora, 2011.

Teatro
María Rosa. Comedia en dous pasos. A Coruña: Nós, 1928.

Ensaio
A terra e a poesía de Pondal: discurso presentado na sesión extraordinaria celebrada no Paraninfo da Duniversidade Literaria de Santiago de Compostela o día 27 de xullo de 1941. A Coruña: Real Academia Galega, 1965. 

Sobre o autor e a súa obra
CARVALHO CALERO, R. (ed.)
Lembraza de Don Gonzalo López Abente no Día das Letras Galegas. Santiago: Universidade, 1971.
VILLAR, M. (ed.)
Antoloxía poética. A Coruña: Espiral Maior, 1995. 



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar