Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Domingo García-Sabell Rivas
Santiago de Compostela, A Coruña, 08/10/1909


20/06/1959


Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco y Macías e Leandro Carré Alvarellos


Análisis eisistencial do home galego enfermo




Ramón Otero Pedrayo


Xosé Luís Axeitos Agrelo (30/10/2004 - )
Domingo García-Sabell Rivas (20/06/1959 - 05/08/2003)
Aureliano Pardo Villar (27/07/1941 - 13/01/1957)
Amador Montenegro Saavedra (13/12/1909 - 22/09/1932)
Arturo Vázquez Núñez (04/09/1905 - 02/03/1907)


Presidente (06/11/1977 - 29/06/1997)


Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade)
Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017)
Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010)
Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001)
Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997)
Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977)
Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960)
Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944)
Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944)
Manuel Lugrís Freire (28/04/1934 - 20/08/1935)
Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934)
Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926)
Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923)
Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923)

Naceu en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e morreu na Coruña o 5 de agosto de 2003.  Foi médico, escritor e político. Destacado prologuista, é autor de máis dun centenar de traballos e artigos relacionados coa medicina e a literatura. Foi tamén membro de número da Real Academia Galega e o seu Presidente.

García-Sabell estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Premio extraordinario de Licenciatura. Doutorouse en Madrid, onde tamén obtivo o Premio extraordinario de doutoramento. Posteriormente, foi bolseiro da Xunta de Ampliación de Estudos en Berlín, onde cursou Medicina Interna. Xa durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro. Máis tarde, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estoupido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e metabolismo. No entanto, a chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950, influíron na súa reincorporación á actividade pública e cultural.

Formou parte, cos doutores Laín Entralgo, Duarte, Rof Carballo e Hernando, do Comité Español da Guide International des Medicins, encargado da edición de textos clásicos de Medicina. Asemade, foi membro da International Association for Cultural Freedom, unha asociación anticomunista creada na parte oeste de Berlín en xuño de 1950 para contrapesar a influencia das asociacións de escritores e investigadores de esquerda. Foi membro fundador tanto da Sociedad Española de Patología Piscosomática, como da Sociedad Española de Patología Digestiva. Foi académico de número da Academia de Ciencias, socio de honra da Asociación de Biopatología Clínica de España, membro honorario estranxeiro do Ateneo de Historia de la Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Bos Aires e da Sociedad Argentina de Humanismo Médico. Tamén foi académico numerario das Academias de Medicina e de Ciruxía, ademais de desenvolver funcións de asesor científico do Instituto de Ciencias del Hombre. Por outra banda, no ámbito da cultura, foi presidente da Editorial Galaxia, Conselleiro da Fundación Penzol, do Padroado Rosalía de Castro e do Padroado Ramón Otero Pedrayo. Tamén foi académico de número da Academia de Belas Artes e, ao mesmo tempo, non debe esquecerse que participou dunha serie de proxectos vinculados ás Ciencias Sociais e á educación. Neste sentido, foi membro do Consello da revista Cuenta y razón, membro do Club de Roma, asesor da Fundación Juan March, profesor do Colegio Libre de Eméritos Universitarios, membro do Real Padroado da Biblioteca Nacional e membro, tamén, da Fundación Xavier Zubiri.

García-Sabell foi escollido membro numerario da Real Academia Galega o 23 de febreiro de 1958 a proposta dos académicos Ramón Otero Pedrayo, Sebastián-Risco y Macías e Leando Carré Alvarellos, se ben tomou posesión o 20 de xuño de 1959. O 6 de novembro de 1977 foi escollido Presidente; cargo que desempeñou até o 29 de xuño de 1997.

No plano político, García-Sabell foi designado Senador Real durante o período chamado de transición e foi Delegado do Goberno en Galicia desde 1981 até 1996. Finalmente, o seu labor profesional e social viuse galardoado co Premio das Artes e das Letras de Galicia, en 1998, e coa Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil, o 10 de xuño de 2002.

No eido do pensamento, García-Sabell interesouse pola antropoloxía cultural, especialmente en temas como a saudade, o erotismo e a morte. Foi un ensaísta destacado e un humanista de longo recorrido cuxa actividade intelectual superou os límites da Medicina. A súa produción conta con libros individuais, colectivos, limiares a obras de diversas discplinas, ensaios e biografías de numerosos intelectuais e artistas como Rosalía de Castro, Luís Seoane, James Yoyce, Jean P. Sartre e Van Gogh. Publicou en revistas médicas -Tribuna Médica, Noticias Médicas, Sandorama, Asclapio ou Boletín de Patología Médica-, literarias -Grial, Revista de Occidente, Papeles de Son Armadáns, Ínsula, Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos, Boletín da Real Academia Galega ouBoletín Auriense- e en xornais como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El País, ABC ou Ya. Como conferenciante, desenvolveu tamén un intenso labor cultural ao longo da xeografía española e latinoamericana.

Publicacións exentas
Seoane. Vigo: Galaxia, 1954.
Ensaios I. Vigo: Galaxia, 1963. Analiza o home galego desde a perspectiva do seu comportamento  ante as doenzas, as características específicas da fame en Galicia e a obra pictórica e literaria, respectivamente, de Van Gogh e de James Joyce.
Seoane. Grabados. Vigo: Galaxia, 1965.
Notas para un antropología del hombre gallego. Barcelona: Ediciones 62, 1966.
Tres síntomas de Europa. Madrid: Ediciones de la Revista de Occidente, 1968.
A pintura como comunicación.Sada: Ediciós do Castro, 1971.  Contén o texto da conferencia pronunciada no Museo Carlos Maside o 30 de agosto de 1971, con motivo da exposición de gravados de Picasso e Miró na que Domingo García-Sabell, estudoso da arte, traza unha panorámica da pintura e da súa evolución histórica, deténdose, en especial, na creación dos dous recoñecidos pintores españois.
Ensaios II. Vigo: Galaxia, 1976. Oito ensaios nos que afonda no fenómeno do erotismo, na arte como coñecemento e nas figuras de Rosalía e Castelao.
Testimonio personal.Madrid: Seminarios y Ediciones, 1971. Escolma de textos en castelán sobre temas diversos xa publicados con anterioridade.
Roberto Nóvoa Santos. A Coruña: Gráficas Galicia,1982. Estudo amplamente documentado sobre a figura deste gran médico e ensaísta galego.
Carta ao pintor Luís Seoane. Sada: Ediciós do Castro, 1983. Retrato do destacado artista plástico galego e análise da súa obra. Inclúe un apéndice gráfico que reproduce as súas obras máis importantes.
A Coruña: onde nace a luz. Vigo: Ir Indo, 1989.
Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios. Vigo: Galaxia,1991. Recolle os catro traballos publicados en 1963 co título Ensaios I.
Cen relembros. A Coruña: La Voz de Galicia, 1993. Recompilan os artigos xornalísticos publicados por García-Sabell nas páxinas do xornal La Voz de Galicia durante 2 anos.
Libro dos comentos. Sada: Ediciós do Castro, 1996.
Os gromos do pensamento. Vigo: Galaxia, 1996.
Tempo de lecer. Vigo: Galaxia, 1998.
Paseata arredor da morte.A Coruña: La Voz de Galicia, 2002.
Obra Completa de Manoel-Antonio. Vigo: Galaxia,1972, 1973 e 1979. Edición, limiar e notas de García-Sabell.

Traducións ao galego
“¿Por qué nos quedamos na provincia?”, de Martin Heidegger, Grial, nº 4, 1964.
Problemas humáns, de Spranger, Vigo: Galaxia, 1966.
“Giacomo Joyce”, de James Joyce, Grial, nº28, 1970.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar