Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Pegerto Saavedra Fernández
A Fonsagrada, 15/11/1951


14/09/2013


Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Antón Santamarina Fernández, Darío Xohán Cabana Yanes


Demarcacións, topónimos, papeis, memoria: sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna




Ramón Villares Paz


Pegerto Saavedra Fernández (14/09/2013 - )
Francisco Xavier Río Barja (25/06/1983 - 05/01/2011)
Álvaro Cunqueiro Mora (21/04/1963 - 28/02/1981)
Ramón Cabanillas Enríquez (31/08/1920 - 13/10/1957)
José Salgado Rodríguez (04/09/1905 - 10/05/1916)


O catedrático de historia na Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra Fernández naceu na Fonsagrada o 15 de novembro de 1951. Premio extraordinario de licenciatura e de doutoramento, iniciou o seu traballo de investigación so a dirección do historiador Antonio Eiras Roel, especializándose no estudo das condicións de vida no rural galego entre os séculos XV e XIX. Sobre esta materia leva publicado un gran número de monografías entre as que salientamos Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón, Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830 (1985) e A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 <(1992), que mereceu o Premio Nacional de la. Crítica de 1993 .

Influído por historiadores de liñaxe marxista como Pierre Vilar e E. P. Thompson, a obra de Pegerto Saavedra defínese, segundo Ramón Villares, por ser “a tentativa máis ambiciosa entre nós de afrontar o reto dunha historia ‘total’, na que se combine a atención ás bases demográficas ou económicas dunha comunidade humana coa análise social e co goberno político do territorio”. (Villares, 2013). Outro dos trazos característicos da súa concepción da historia é a atención á “historia desde abaixo” ou historia da vida cotiá, campo de investigación no que foi pioneiro no noso país, e que procura reproducir as condicións de vida dos labregos en Galicia durante o Antigo Réxime,e a súa relación de resistencia, máis u menos pasiva, ás tentativas de control e usurpación dos seus dereitos por parte dos señores feudais, a Igrexa e o poder central.

Obra
Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (USC, 1979)
Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo 1480-1830 (Xunta de Galicia, 1985)
A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (USC, 1992)
La Galicia del Antiguo Régimen. Economía y Sociedad (ed. Hércules, 1992)
A Facenda Real na Galicia do antigo réxime (As rendas provinciais) (Xunta de Galicia, Escola Galega de Administración Pública, 1993)
La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen (ed. Crítica, 1994)
Das casas de morada ó monte comunal (Xunta de Galicia, 1996)
Agricultura e Ilustración (editor e autor do “Estudio preliminar”)
Señoríos y comunidades campesinas. Aportaciones a la Historia Rural de la España Moderna (Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003)
A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). A sociedade. 1. Frades, cregos e fidalgos (Arrecife Edicións Galegas, 2007)
Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). A sociedade. 2. Os campesiños, os conflictos sociais e os pobresArrecife Edicións Galegas,(2007)
A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). Política e Cultura. 1. Os diversos poderes e o seu equilibrio cambiante Arrecife Edicións Galegas,(2007)
A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). Política e Cultura. 2. O Ensino: desde as escolas de ferrado á UniversidadeArrecife Edicións Galegas,(2007)
El siglo de las luces: Cultura y vida cotidiana en la España del siglo XVIII   Arrecife Edicións Galegas,(2004)
El siglo de las luces: Cultura y vida cotidiana en la España del siglo XVIII (Síntesis, 2004)

Pegerto Saavedro leva colaborado en numerosas publicacións colectivas e revistas especializadas ao longo da súa carreira entre as que destacamos:

Atlas histórico de Galicia (Nigra-Trea, 2004)
Historia de la Universidad de Santiago (USC, 1998/2000)
Señores y campesinos en la Península Ibérica, ss. XVIII-XX. I . “Os señores da terra”. II. Campesinado y pequeña explotación (Crítica, 1991)
Espacios rurais e sociedades campesiñas (USC, 1997)
"Los montes abiertos y los concejos rurales en Galicia en los siglos XVI-XVIII: aproximación a un problema" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1982)
"Desarrollo y crisis de la industria textil gallega: la lencería" (Cuadernos de Investigación Histórica, 1983)
"Comunidades campesinas, xurisdiccións e partidos na Galicia da Idade Moderna" (Rev. Admón. Galega, 1985)
"Transformaciones agrarias y crecimiento de la población en la provincia de Mondoñedo, 1550-1830" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1987)
"La economía del monasterio de Carracedo, ca. 1700-1834" (Studia Historica, 1987)
Industria téxtil rural e cambios demográficos na Galicia cantábrica, 1750-1850 (Grial, 1989)
"Casa y comunidad en la Galicia interior, 1750-1860" (1989)
"Contribución al estudio del Régimen Señorial gallego" (Anuario de Historia del Derecho Español, 1990)
"O papel da igrexa na evolución da Galicia moderna" (A Trabe de Ouro, 1991)
"La dinámica de la petita explotació pagesa a la Galícia de l’antic règim" (Recerques, 1992). 

Pegerto Saavedra é, ademais, Director do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC (1990-2001), vicepresidente da Fundación Española de Historia Moderna (2001-2005), membro ds Comisións de Doutorado  (2002-2007) e do
 Arquivo Histórico e  Universitario da USC (2004-   ). Membro do Consello Editorial da revista Obradoiro de Historia Moderna, Cuadernos de Estudios Gallegos
Boletín do Museo Provincial de  Lugo, Historia y Genealogía (Univ. de Córdoba). Membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega, e da Comisión de Cultura de la Deputación Provincial de Lugo (2007-2011).


Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar