Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 04/07/1941


28/09/2002


X. Ramón Barreiro Fernández, Francisco X. Río Barja, Carlos Casares Mouriño e Andrés Fernández-Albalat Lois.


Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo




Xosé Ramón Barreiro Fernández


Francisco Díaz-Fierros Viqueira (28/09/2002 - )
Isidoro Millán González-Pardo (17/05/1975 - 12/06/1978)
Manuel Gómez Román (30/12/1951 - 11/11/1964)
Gonzalo Brañas Fernández (27/07/1941 - 02/08/1948)
David Fernández Diéguez (28/03/1925 - 23/12/1936)
Adriano López Morillo (17/11/1910 - 30/01/1913)
José Ogea Otero (27/10/1905 - 03/12/1909)
Ángel Amor Ruibal (04/09/1905 - 27/10/1905)


Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía de Arousa, 1941), licenciouse en 1964 en Farmacia pola Universidade de Santiago e na mesma universidade doutorouse tres anos despois na especialidade de Edafoloxía. Bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da Fundación Barrié de la Maza (1973), foi nomeado profesor adxunto de Edafoloxía da Universidade de Santiago en 1970, cargo que exerceu ata 1987, ano en que acadou a Cátedra de Edafoloxía e Química Agrícola. Foi secretario da Facultad de Farmacia (78-79) e director do Instituto de Investigación e Análise Alimentaria da Universidade de Santiago desde 1994 ata 1998.No seu labor docente dirixiu ou codirixiu vinte e oito tesiñas de licenciatura e vinte teses de doutoramento.

Acadou os premios Fray Bernardino de Sahagun (1972), Federico Manciñeira (1978) Deputación de Pontevedra (Investigación) (1980), Galicia (Investigación),da USC (1982).

Pertence a diversas sociedades científicas nacionais e estranxeiras e presidiu a Sección I de la Sociedad Española de Ciencia del Suelo (1990-1998), a Sociedade Galega de Historia Natural (1977-1983), e na actualidade e desde 1980 preside a Xunta Rectora do Seminario de Estudos Galegos, foi membro do Council of the European Soil Conservation (1994-98), é membro do Consello da Cultura Galega, desde 1983 e vicepresidente deste desde 2002. É membro correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia (1992), numerario da Real Academia de Farmacia. Sección Galicia (2000) e membro numerario da Real Academia Galega desde o 28 de setembro de 2002, data en que deu lectura ao discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo, e a quen en nome da institución respondeu Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Dirixiu a revista Braña, da Sociedade Galega de Historia Natural (1977-1980), os comités editoriais da Revista Galega de Estudos Agrarios, (1979-83); Trabajos Compostelanos de Biología, (1976-79); Suelo y Planta, (1990-1998); Proxecto Galicia de Editorial Hércules (desde 2001) e tamén o Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada (2003).

O seu labor científico céntrase fundamentalmente no estudo dos solos e na climatoloxía agrícola de Galicia, do que dan mostra a maior parte dos traballos dos que é autor, coautor ou coordinador: Contribución a la Climatología de Galicia (Universidad de Santiago, 1971);Los Gallegos, (Madrid, 1976, en colaboración con outros autores); Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978, en colaboración con outros autores); La Universidad de Santiago (Santiago, 1980, en colaboración con outros autores); Necesidade e Satisfacción (varios autores). Seminario de Sargadelos, 1981; As especies forestais e os solos de Galicia, (Seminario de Estudos Galegos, 1982, en colaboración con Calvo de Anta, R. e Paz González, A; Xeografía de Galicia (1982, varios autores); Capacidad Productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200.000 (Santiago, 1984, en colaboración con F. Gil Sotres, F.); Suelos Naturales de Cantabria (Madrid, 1985, con F. Guitián, T. Carballas e M. Plata); O Caurel (Santiago, 1985, en colaboración con outros autores); La caliza en Galicia (Lugo, 1985, en colaboración con outros autores); La construcción del paisaje:Megalitismo y Ecología. Sierra del Barbanza, (Xunta de Galicia, 1986, con F. Criado e M. J. Aira); O Medio Natural Galego, (Seminario de Sargadelos, 1986, varios autores); Ourense. Guia Monumental, (Deputación Provincial de Ourense, 1986, varios autores); La Naturaleza en Galicia. INCAFO-REPSOL, (Madrid, 1988); Human Influence on Forest Ecosystems Develop in Europe, (Bologna, 1988, varios autores); A Natureza Ameazada. Xea, Flora e Fauna de Galicia en perigo, (Consello da Cultura Galega, 1989, coordinador); El purín de vacuno en Galicia. Caracterización, poder fertilizante y problemas ambientales (Xunta de Galicia, 1990, en colaboración con T. Carballas); Prehistoria e Historia Antiga (Tomo I. Proxecto Galicia, A Coruña. 1991); Soil Erosion in Spain (Geoforma, 1991, varios autores); Action of the forest fires on vegetation cover and soil erodibility (Geoforma, 1991, varios autores); Os solos da Terra Chá. Tipos, xénese e usos (Lugo, 1992, en colaboración con A. Castelao); Metodologías de estudio de los procesos de erosión hídrica del suelo en España (coordinación con Rubio, J. L., 1992); As concas fluviais de Galicia. Características e riscos de contaminación difusa, (USC, 1993, con A. Núñez, e E. López Periago); Xeografía Xeral (Tomo XVII, Proxecto Galicia, A Coruña, 1996); As augas de Galicia (coordinador, Consello da Cultura Galega, 1996; LUCVS AVGVSTI. El amanecer de una ciudad (Fundación Barrié de la Maza, 1996, varios autores); Prácticas agrarias compatibles con el medio natural (Madrid, 1996, varios autores); Soil Degradation and  Desertification  in Mediterranean Environment, (Geoforma, 1996, varios autores); Buffer Zones: Their processes and potential in water protection, (Environment Agency. Harpenden (U.K.) 1996 varios autores); Effects of Mineral-Microorganisms Interactions on Soil and Freshwater Environment, (Kluwer Academy, 1999 varios autores); Un novo mundo para un home universal. Partida de Humboldt desde A Coruña cara a súa viaxe americana. (coordinador con D. Rozados, Consello da Cultura Galega, 1999); Los caminos jacobeos en Galicia. Paisajes. (Xunta de Galicia e Instituto Geominero y Tecnológico de España. 1999, varios autores); O Medio Ambiente: do control de emisións a incerteza do risco (Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia. Santiago, 2000); 25 anos de Medio Ambiente en Galicia, (Adega. 2000, varios autores); O Bispo dos sen alma. Catálogo da Exposición Frei Rosendo Salvado (1814-1900) (coordinador con A. Bouzón, Consello da Cultura Galega 2001); Natureza (Proxecto Galicia. coordinador xeral, Coruña, 2002-2004); Xeoloxía. (Tomo XXXVII, Proxecto Galicia, coordinador e coautor, A Coruña, 2003).

Realizou o estudio introdutorio de diversas obras, entre elas: Memoria sobre el conocimiento de las tierras: verdadero y económico método de cultivarlas, adaptado al clima y circunstancias de Galicia y Asturias (Consul Jove, F.) (Ed. Facsimilar). Seminario de Estudos Galegos, 1987; Viajes de Herborización por Galicia (P. Merino) (Ed. Facsimilar, en colaboracion con Fraga, X.A.) Seminario de Estudos Galegos, 1987; Aves de la Isla de Cuba. (Lembeye, J.) (Ed. Facsimilar) Xunta de Galicia, 1995; Historia Física, Política y Natural de la Isla de Cuba (Ramón de La Sagra). (Ed. Facsimilar) Xunta de Galicia, 1996; A Orixe das Especies (Darwin, Ch.) Universidad de Santiago, 2003.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar