Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Bernardino Graña Villar
Cangas do Morrazo, 27/09/1932


12/06/2010


Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández Rei e Ramón Lorenzo Vázquez


Contos populares e Rosalía




Xosé Luís Méndez Ferrín


Bernardino Graña Villar (12/06/2010 - )
Constantino García González (12/03/1982 - 23/10/2008)
Luís Iglesias Iglesias (18/12/1947 - 29/12/1976)
Juan Domínguez Fontela (22/04/1939 - 11/03/1942)
Antonio Rey Soto (30/08/1920 - 26/08/1926)
José Antonio Parga Sanjurjo (28/09/1907 - 12/09/1917)
Valentín Lamas Carvajal (04/09/1905 - 03/09/1906)


Bernardino Graña Villar (Cangas, 1932), é licenciado en Filoloxía Románica e foi catedrático de Lingua e Literatura no ensino secundario ata a súa xubilación, en 1991. En Madrid, no ano 1958, fundou, canda Ramón Lorenzo Vázquez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez e Reimundo Patiño, entre outros, o grupo cultural Brais Pinto e colaborou, durante esa época, nas páxinas do xornal santiagués La Noche.

Desde mozo formou parte do consello de redacción da revista de poesía Alba, ademais de colaborar, ao longo da súa vida, noutros xornais e revistas como Vieiros, Grial ou Ágora. A súa produción poética aparece recollida en títulos como Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980), Sima-Cima do voar do tolo (1984), Himno verde (1992), Ardentía. Obra poética completa (1995), Luz de novembro (1997) e Sen sombra e sen amor (2004). Ademais, recompilou as Cantigas de Santa María de Alfonso X (1996) e participou en volumes colectivos como Porta a Compostela (2000), unha obra de edición limitada na que se rende homenaxe a Uxío Novoneyra.

Na dramaturxia deuse a coñecer coa peza Vinte mil pesos crime (1962), á que seguiu "Sinfarainín contra don Perfeuto" (1975), publicada en Grial, e Os burros que comen ouro nunca cabalos serán, que recibiu o Premio Abrente en 1979 e foi publicada en 1992.

Na faceta de narrador, gañou o Premio Eixo Atlántico no ano 2006 pola súa novela Protoevanxeo do neto de Herodes, aínda que centrou o seu interese, fundamentalmente, na literatura infantil. Neste ámbito, publicou obras como O león e o paxaro rebelde (1969), premiado no II Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho; Planeta de ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991); Rata linda de Compostela (1994); O gaiteiro e o rato Pérez (1994), Premio Merlín de 1993; Xan Guindán e os salvaxes (1996); Xan Guindán mensaxeiro (1997), ou O quirico lambón (1997).

Ademais dos galardóns mencionados, foi premiado nas Festas Minervais de Santiago de Compostela nos anos 1954, 1955, 1959 e 1969.
Bernardino Graña foi fundador e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e pertence ao PEN Club de Galicia.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar