Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Manuel Rivas Barrós
A Coruña, 24/10/1957


12/12/2009


Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos Agrelo


A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua




Xosé Luís Axeitos Agrelo


Manuel Rivas Barrós (12/12/2009 - )
Camilo González Suárez-Llanos (14/12/2002 - 09/11/2008)
Jesús Carro García (27/07/1941 - 08/12/1973)
Salvador Cabeza de León (04/09/1905 - 20/05/1934)


Manuel Rivas Barrós ten o mester de escribir. Xornalista, poeta e narrador. Naceu no barrio de Monte Alto, na Coruña, en outubro de 1957. Dende moi novo, con quince anos, comezou a traballar na prensa como meritorio no Ideal Gallego. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Parte da súa obra xornalística está recollida en libros como Galicia, bonsai atlántico, Toxos e Flores, El periodismo es un cuento, Muller no baño, Galicia, Galicia, Unha espía no reino de Galicia, Os Grouchos, A corpo aberto (Unha ollada ‘indie’ dende o local universal) e mais Episodios Galegos.
Como narrador, entre outras obras, publicou os libros de relatos Un millón de vacas (Premio da Crítica española), Que me queres, amor? (Premio Nacional de Narrativa 1996). Entre as súas novelas, En salvaxe compaña (Premio da Crítica galega), O lapis do carpinteiro (Premio da Crítica española) e Os libros arden mal (premio da Crítica galega e española, premio dos editores Ánxel Casal, premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e Libro do Ano 2006 da Feira do Libro de Madrid). A súa última novela publicada leva por título Todo é silencio (en 2010, premio da Asociación de Escritores e finalista premio Hammett de novela negra).
Unha mostra da súa poesía son as antoloxías O pobo da noite (1997) e Do descoñecido ao descoñecido (2003). O seu último libro de poemas é A desaparición da neve (2009), publicado en edición plurilingüe (galego, castelán, éuscaro e catalán). No eido da creación dramática publicou o texto teatral O heroe (2005), levado á escena pola compañía Sarabela.

En 2001 foi premio de narrativa Arcebispo Xoán de San Clemente. Ese mesmo ano foi premio 50 Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional.
En 2007 foi premio Lousada Diéguez á Creación literaria.
En 2009 foi elixido membro da Real Academia Galega. Ese mesmo ano leu o seu discurso de ingreso co título A boca da literatura (Memoria, ecoloxía, lingua).
Polo seu labor xornalística, recibiu os premios Fernández Latorre (concedido por La Voz de Galicia), Puro de Cora (de El Progreso) e o premio Fernández del Riego. En 2011 foi premio da fundación Luís Tilve, polo seu labor a prol de causas de interese social.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar