Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Ramón Villares Paz
Vilalba, Lugo, 12/01/1951


24/11/2006


Rosario Álvarez Blanco, Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Víctor Fernández Freixanes


Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista




Víctor Fernández Freixanes


Ramón Villares Paz (24/11/2006 - )
Xulio Francisco Ogando Vázquez (18/04/1980 - 01/04/2005)
Fermín Bouza-Brey Trillo (27/07/1941 - 11/06/1973)
Pablo Pérez Costanti (04/09/1905 - 19/09/1938)


Nado en 1951, licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago en 1973. No ano 1980 converteuse en doutor pola mesma Universidade con Premio Extraordinario de Doutoramento. É catedrático de Historia Contemporánea desde 1987. As súas liñas de traballo comprenden a historia agraria e social, a historiografía e historia cultural e os estudos migratorios.

Algunhas das súas publicacións máis significativas son as seguintes:

Libros
La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Editorial Siglo XXI, Madrid, 1982, 453 pp.
Donos de seu. Estudios de historia agraria de Galicia (ed.), Editorial Sotelo Blanco, Barcelona, 1988, 427 pp.
Historia da emigración galega a América, (con Marcelino Fernández Santiago), Xunta de Galicia, Santiago, 1996, 171 pp.
Figuras da nación, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1997, 277 pp.
El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, (con Ángel Bahamonde), Editorial Taurus, Madrid, 2001, 621 pp.
Historia de Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 2004, 476 pp.
Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Biblioteca de Estudos Oterianos, (Fundación Otero Pedrayo), Trasalba-Ourense, 2007, 202 pp.
Restauración y Dictadura, vol. 7 de Josep Fontana e Ramón Villares (directores), Historia de España, Editorial Crítica / Marcial Pons, Barcelona, 2009 [ISBN 978-84-4423-921-8], 760 pp. (en colaboración con Javier Moreno Luzón).

Artigos de revista ou capítulos de libro
«A agricultura galega, 1870 / 1930: unha época de grandes transformacións», in Actes du Colloque Les campagnes portugaises de 1870 à 1930: image et realité, Fundación Gulbenkian / Centre Culturel Portugais, París, 1985, pp. 95-117.
«Agricultura», in A. Fernández (coord.), Los fundamentos de la España liberal (1834-1900). La sociedad, la economía y las formas de vida, tomo XXXIII da Historia de España, de Menéndez Pidal, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1997, pp. 237-308.
«La emigración americana como un factor de transformación de Galicia», Anuario del Centro de Estudios Gallegos, Universidad de la República, Montevideo, 1998, pp. 85-98.
«A História agraria da Espanha contemporánea. Interpretações e tendências», revista Ler Histtoria (Lisboa), núm. 28 (1998), pp. 153-178.
«La construcción de la España liberal: sobre las “virtudes de la vida ascendente”», in IV Congrés Internacional d’Historia Local de Catalunya, L’Avenç, Barcelona, 1999, pp. 73-91.
«Política y mundo rural en la España contemporánea. Algunas consideraciones historiográficas», in La politisation des campagnes au xixe siècle. France, Italie, Espagne, Portugal, École Française de Rome, Roma, 2000, pp. 29-46.
«Naissance et déclin du celtisme dans l’histoire de la Galice», in C. Serrano (dir.), Nations en quête de passé. La peninsule ibérique (xixe-xxe siècles), Presses de l’Université de Paris-Sorbonne, París, 2001, pp. 157-181.
«El pasado que cambia. Reflexiones sobre la revolución liberal española», in Historia y Proyecto social. Homenaje a Josep Fontana, Universitat Pompeu Fabra / Editorial Crítica, Barcelona, 2003.
«La renovación de la historia agraria española», in J. Canal, G. Pecout e M. Ridolfi (dirs.), Sociétés rurales du xxe siècle. France, Italie, Espagne, Collection de L’École Française de Rome, Roma, 2004, pp. 53-73.
«Nacionalismo e Historia en la España del siglo xix», in AA. VV., Nacionalismo e Historia, Universidad de Valladolid, 2005, pp. 87-110.
«L’agriculture espagnole au temps d’Isabelle II: réformes institutionelles et expansion agricole», in J. C. Caron e F. Chauvaud (dirs.), Les campagnes dans les sociétés européennes. France, Allemagne, Espagne, Italie (1830-1930), Presses Universitaires de Rennes, 2005, pp. 141-158.
«Producir símbolos nacionais», in X. R. Barreiro e R. Villares (coords.), Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega, Santiago de Compostela, 2008, pp. 11-32.
«La contribución de Ramón Otero Pedrayo a la historia agraria», revista Historia Agraria, 44 (2008), pp. 157-178.
«Organización de intereses y politización campesina: algunas notas historiográficas», in A. Rivera, J. M. Ortiz de Orruño e J. Ugarte (eds.), Movimientos sociales en la España contemporánea, Abada Editores, Madrid, 2008, pp. 83-95.
«A reforma agrària liberal na Espanha. Algumas comparações com Portugal», in J. V. Serrâo, Magda Pinheiro e Fatima Sá e Melo Ferreira (eds.), Homenagem a Miriam Halpern Pereira, Imprensa de Ciências Sociais, Lisboa, 2009, pp. 155-171.
«Castillos frente a castros. La Edad Media en la identidad nacional gallega», revista Historia Social, núm. 69 (2011), pp. 3-24.

No ámbito da investigación académica, Ramón Villares leva dirixido vinte teses de doutoramento e foi investigador principal de sete proxectos de investigación (convocatorias competitivas), así como de varios convenios de asistencia técnica. Ademais de participar en numerosos comités de avaliación de proxectos de investigación desde 1988 (DGICYT, Xunta de Galicia, AGAUR de Cataluña, FYCIT de Asturias), foi consultor externo do Instituto de Ciências Sociais (Universidade de Lisboa), desde 1999 ata 2010.

Tamén realizou estadías na Universitá di Bologna (1989) e na EHESS de París (2001). En 2007-2008 foi chairman do panel de avaliación das unidades de investigación en Historia, nomeado pola Fundação da Ciência e da Tecnologia (FCT) de Portugal e, entre 2009 e 2011, foi coordinador do panel de avaliación de proxectos de investigación da área de Historia, tamén nomeado pola FCT.

Algúns dos outros méritos cos que conta son os seguintes:
Director do Departamento de Historia Contemporánea (1983-1986).
Decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC (1986-1990).
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994).
Director en Galicia da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) (1997-2005).
Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002).
Director do Arquivo da Emigración Galega (desde 2003).
Presidente do Consello da Cultura Galega (desde 2006).
Membro numerario da Real Academia Galega.
Investigador honorario do Instituto de Ciências Sociais (Universidade de Lisboa). Membro do Consello Asesor de revistas como Historia Social (Valencia), Ler História, Análise Social (Lisboa), Ayer, revista de Historia contemporánea (Madrid).
Membro do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia (Madrid). Membro dos padroados do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luís Seoane, da Fundación Otero Pedrayo ou da Fundación Juana de Vega.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar