Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xosé Henrique Monteagudo Romero
Muros, A Coruña, 26/11/1959


25/02/2012


Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana Yanes e Antón Santamarina Fernández.


Facer País co idioma: sentido da normalización lingüística




Rosario Álvarez Blanco


Xosé Henrique Monteagudo Romero (25/02/2012 - )
Antonio Gil Merino (13/12/1975 - 18/10/2009)
Gonzalo López Abente (27/07/1941 - 25/07/1963)
Manuel Lugrís Freire (04/09/1905 - 15/02/1940)


Secretario (20/04/2013 - Actualidade)


Xosé Henrique Monteagudo Romero (20/04/2013 - Actualidade)
Xosé Luís Axeitos Agrelo (23/01/2010 - 13/03/2013)
Manuel González González (17/12/2005 - 16/12/2009)
Manuel González González (20/12/2001 - 16/11/2005)
Constantino García González (29/11/1997 - 29/11/2001)
Marino Dónega Rozas (20/03/1983 - 29/11/1997)
Francisco Vales Villamarín (17/04/1949 - 25/08/1982)
Ramón de Artaza y Malvárez (19/06/1944 - 15/10/1944)
Fernando Martínez Morás (18/01/1927 - 11/09/1937)
Eladio Rodríguez González (27/01/1920 - 20/11/1926)
Uxío Carré Aldao (20/11/1909 - 02/08/1919)
Salvador Golpe Varela (01/12/1906 - 23/06/1909)
Uxío Carré Aldao (04/09/1905 - 20/11/1906)

Naceu en Esteiro (Muros), o 26 de novembro de 1959. A súa infancia e primeira escolarización transcorreron en Muros. Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela. Cursou a carreira de Filoloxía Hispánica (Galego-portugués) na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo a licenciatura en 1981, o grao en 1982 e o doutoramento en 1995. Exerceu como profesor nesta, primeiro de Filoloxía Románica (1982-1995) e despois de Filoloxía Galega (de 1995 en diante). É profesor titular de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC desde 1997. Investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1981, forma parte do seu consello científico desde 1995. Tamén é investigador colaborador do Centro de Lingüística Geral e Aplicada da Universidade de Coimbra desde 2007.
Foi 'Assistant Lecteur' na Universidade de Birmingham (RU) no curso 1988/89 e 'Visiting Professor' na University of California (Santa Barbara) no curso 2008/09. Ministrou seminarios de posgrao e cursos de doutoramento no Graduate Center-City University of New York (1996, 2006 e 2010), na Universidade de Lisboa (1997), no Instituto de Lingüística da Universidade de Buenos Aires (2004 e 2007) e na Universidade de São Paulo (2009). Foi convidado para dar conferencias ou seminarios noutras universidades de España e Portugal, Europa e as Américas. 
Membro do Consello da Cultura Galega desde 1998; reeleito en 2001, 2006 e 2010. Foi secretario deste desde 1999 (reeleito en 2004) ata 2010. Coordinador da súa Sección de Lingua (1998-2007). Director científico do proxecto "Obras de Martín Sarmiento", en colaboración do Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela. Director do Centro de Documentación Sociolingüística do CCG desde 1998. Coordinador do 'Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000)'. Impulsor dos Encontros pola Normalización Lingüística (12 edicións, desde 1993), co-comisario da exposición Galicia 25. Unha cultura para un novo século (2008/10) e coordinador do foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2008) e do seminario Lingua, sociedade e política en Galicia (2009/10), ademais doutros congresos e seminarios organizados polo CCG.
Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982) e membro activo do seu consello editorial ata 2006. Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é co-director desta desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica electrónica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC), desde 2009.
Socio da Fundación Castelao, foi o seu vicepresidente (1996-2000). Patrón da Fundación Penzol desde 2006, e na actualidade membro da súa Xunta directiva. Socio da Fundación Carlos Casares desde a súa fundación (2003), e membro da Comisión de Lingua e Literatura do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) desde 2009.
Na década dos '80 e primeiros anos '90 colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico de lingua galega con Edicións Xerais de Galicia. É asesor da Editorial Galaxia nas coleccións de libros e manuais para o ensino. Pertence ao Consello Editorial da Editorial Parábola (São Paulo) desde 2007.
Foi o primeiro secretario do Departamento de Fioloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela (1986/87) e coordinador do Programa Oficial Interuniversitario de Posgrao 'Máster en Política Lingüística e Normalización en Galicia' (USC, UdC, UVigo, 2008/09).

Publicacións
Nas súas liñas de investigación e publicacións tocou temas de filoloxía, historia da lingua e sociolingüística, ademais de editar textos de autores galegos, medievais e modernos, desde Martin Codax ou Afonso X ata Martín Sarmiento, e desde Rosalía de Castro a Castelao ou Ramón Piñeiro. Desde 1996, a súa docencia e investigación véñense concentrando na historia social da lingua galega, a sociolingüística e a planificación lingüística. As súas publicacións máis importantes son:
Gramática galega (1986), coautor con Rosario Álvarez Blanco e X. L. Regueira.
Estudos de sociolingüística galega (editor, 1995).
Historia Social da Lingua Galega (1999).
Obras de Castelao en oito volumes (editor, 2000).
Castelao: defensa e ilustración da lingua galega (2000).
Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000) en tres volumes (editor, 2002-03).
A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (codirector, 2006).
De historia natural y todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento, publicados tres volumes dos cinco previstos (editor, 2008).
Letras Primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito (2008).
De verbo a verbo. Documentos en galego anteriores a 1260 (coeditor, en colaboración con Ana Boullón, 2009).

Tamén son de salientar as seguintes obras (autor, editor ou tradutor):
Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1985).
A lírica galego-portuguesa, de G. Tavani (cotradutor con R. Álvarez, 1986).
A Romaría de Xelmírez, de Ramón Otero Pedrayo (editor, 1991).
Sempre en Galiza, de Castelao (coeditor, 1992, reeditada en 2000).
Follas Novas, de Rosalía de Castro (coeditor, 1993).
Castelao de viva voz. Conferencias e discursos (editor, 1996).
O son das ondas. Martin Codax, Meendiño e Johan de Cangas (1998).
A Lagarada e O desengano do prioiro, de R. Otero Pedrayo (coeditor, 1998).
Martín Sarmiento: sobre a lingua galega (editor, 2002).
Catálogo de libros curiosos y selectos, de M. Sarmiento (editor, 2002).
Coloquio en mil duascentas coplas galegas, de M. Sarmiento (editor, 2002).
Cantigas de Santa Maria de Afonso X o Sabio. Códice de Toledo (editor, 2003).
Actas do Congreso Internacional 'Curros Enríquez e o seu tempo', 2 vols. (coeditor, 2004).
Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego (coeditor, 2004).
A linguaxe e as linguas, de Ramón Piñeiro (editor, 2007).
O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade, de Ramón Piñeiro (editor, 2009).
Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (coordinador, 2010).

Henrique Monteagudo é autor de libros de texto de lingua galega para o ensino medio e preuniversitario, e de abundantes traballos sobre filoloxía, lingüística, sociolingüística e historia social da lingua galega, presentados en congresos nacionais e internacionais, ou publicados en volumes colectivos e revistas especializadas como Grial (Vigo), Verba. Estudos de Lingüística Galega (Santiago), Boletín da Real Academia Galega e Cadernos de Lingua (A Coruña), Colóquio / Letras (Lisboa), Signo y Seña (Buenos Aires), Portuguese Studies (Cambridge), Plurilinguismes (París), Lengas (Montpellier), The Year's Work in Modern Languages (Oxford), e series como Trends in Romance Linguistics and Philology (Berlin & New York), Lexikon der Romanistik Linguistik (Túbingen, Alemaña) ou Anuário Interancional de Comunicação Lusófona (São Paulo).



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar