Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Rosario Álvarez Blanco
Pontevedra, 12/07/1952


06/06/2003


Manuel González González, Antón Santamarina Fernández e Xosé Ramón Barreiro Fernández


Variedade e diversidade da lingua: algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar




Antón Santamarina Fernández


Rosario Álvarez Blanco (06/06/2003 - )
Jenaro Marinhas del Valhe (25/02/1978 - 01/07/1990)
Antonio Iglesias Vilarelle (29/12/1951 - 11/05/1971)
Alejandro Barreiro Noya (12/03/1936 - 22/11/1948)
Evaristo Martelo Paumán del Nero (16/06/1921 - 31/03/1928)
Eduardo Pondal Abente (04/09/1905 - 08/03/1917)


Tesoureira (20/04/2013 - Actualidade)


Rosario Álvarez Blanco (20/04/2013 - Actualidade)
Manuel González González (23/01/2010 - 20/04/2013)
Andrés Fernández-Albalat Lois (20/12/2001 - 18/12/2009)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (29/11/1997 - 29/11/2001)
Antonio Meijide Pardo (26/06/1983 - 01/06/1997)
Marino Dónega Rozas (26/12/1976 - 20/03/1983)
Leandro Carré Alvarellos (19/06/1951 - 14/02/1976)
Ángel del Castillo López (15/10/1944 - 19/04/1951)
Manuel Banet Fontenla (19/06/1944 - 15/10/1944)
Ángel del Castillo López (13/12/1942 - 19/06/1944)
Félix Estrada Catoyra (30/06/1924 - 14/03/1938)
Francisco Ponte y Blanco (12/05/1923 - 31/03/1924)
Andrés Martínez Salazar (02/10/1915 - 10/02/1923)
José Pérez Ballesteros (04/11/1905 - 02/11/1914)

Rosario Álvarez Blanco (Pontevedra, 1952) é Licenciada en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo o grao cunha memoria titulada Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974) e se doutorou coa tese O pronome persoal en galego (1980). Nesta universidade desenvolveu o seu labor docente e investigador ata o presente, primeiro no Departamento de Filoloxía Románica (ata 1982) e logo no de Filoloxía Galega. Catedrática de Universidade, da área Filoloxías Galega e Portuguesa, con docencia na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, desde 1998. Entre os cargos académicos máis relevantes ocupados ata agora están o de Directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999) e Vicerreitora de Profesorado (1990-1994).

Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974, con dúas liñas fundamentais de investigación: como membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego, no que participa desde os inicios, céntrase na variación e cambio lingüísticos, tanto referidos ao momento presente coma a etapas anteriores; como impulsora e membro activo do equipo de gramática, ocúpase da gramática descritiva do galego moderno, con incursións en etapas previas da historia da lingua ou en perspectiva diacrónica, e mais do contraste gramatical entre portugués e galego. Participa activamente na formación de grupos de traballo e na organización de encontros que axuden a trasladar os resultados de investigación.

Foi proposta como membro numerario da RAG o 8 de setembro de 2001 e ingresou o día 6 de xuño de 2003, no Paraninfo da Universidade de Santiago. O seu discurso de ingreso, tituladoVariedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar, foi contestado por Antón Santamarina.
A súa investigación, en forma de libros, artigos ou comunicacións en congresos, céntrase nas liñas enunciadas anteriormente. Son numerosos os traballos dedicados ao pronome persoal, tanto desde o punto de vista da descrición sincrónica do seu comportamento morfolóxico e sintáctico, coma da variación e procesos de cambio lingüístico atinxentes. Os seus traballos sobre o galego falado ou sobre lingua de autor buscan, en última instancia, mostrar a variación lingüística existente con vistas a unha posible maior definición do estándar. Nos últimos tempos ten aberta, ademais, unha liña frutífera de recuperación e edición de textos escritos no galego medio, sempre co norte de proporcionar datos fiables para o estudo da variación e o cambio lingüísticos.

A seguinte escolma recolle publicacións entre 1983 e 2003:

R. Álvarez Blanco (1983): "O artigo en galego: morfoloxía", Verba 10, 169-182.
R. Álvarez (1984): "Emprego estilístico das variantes lingüísticas na súa obra narrativa", en Presencia de Armando Cotarelo en Galicia. Santiago: Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, 101-l32.
R. Álvarez, X. L. Regueira e H. Monteagudo (1986): Gramática Galega. Vigo: Galaxia. 
R. Álvarez (1988): "Caracterización e aspectos dinámicos dunha situación lingüística conflictiva: o caso galego", en R. Alemany Ferrer (ed.): Els processos de normalització lingüística a l'Estat espanyol actua. Ajuntament de Benidorm / Universitat d'Alacant, 83-109.
R. Álvarez (1988): "Consideracións sobre a metafonía nominal galega", en D. Kremer (ed.): Homenagem a Joseph M. Piel por ocasiâo do seu 85º aniversário. Tübingen: Max Niemeyer  / Instituto de Cultura e Língua Portuguesa / Consello da Cultura Galega, 141-157.
R. Álvarez (1988): "Escribir en galego: Otero Pedrayo", en Otero Pedrayo na revista Nós: 1929-1936 (Escolma). [Selección do] Departamento de Filoloxía Galega; Estudo lingüístico por R. Álvarez Blanco; Estudo Literario por Anxo Tarrío Varela. Santiago: USC, 9-23.
C. García / A. Santamarina et alii (1990): Atlas Lingüístico Galego. Volume I: Morfoloxía Verbal [coord. Francisco Fernández Rei]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1990): "As ideas lingüísticas de Antonio Couceiro Freijomil", en Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento / 1888-1988, A Coruña: Deputación Provincial, 89-100.
R. Álvarez (1991): "Comparación dos sistemas fonolóxicos do galego e do portugués", en D. Kremer (ed.): Actes du XVIIIè Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes (Univ. de Trèves (Trier) 1986). III. Grammaire diachronique et histoire de la langue. Dialectologie et géographie linguistique. Textes non-littéraires. Tübingen: Max Niemeyer, 517-530. 
R. Álvarez (1991): "Á procura dunhas bases para a unificación: a contribución de Antonio Couceiro Freijomil", en Brea, M. & Fernández Rei, F. (coords.): Homenaxe ó Profesor Constantino García. Santiago: USC, II 19-32.
R. Álvarez (1992): "A lingua galega en Celso Emilio Ferreiro. VII. Nexos e sintaxe", en Álvarez, R. (ed.): Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro. Santiago: USC, I 7-8 e 177-261.
R. Álvarez (1994): "Secuencias de pronomes átonos en galego moderno", en R. Lorenzo (ed.): Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, Santiago de Compostela, 1989, VI 247-265.
R. Álvarez (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
R. Álvarez (1994): "Unha ollada moderna sobre a lingua dos nosos devanceiros", en E. Fidalgo e P. Lorenzo Gradín (eds.): Estudios galegos en homenaxe ó Profesor Giuseppe Tavani. Santiago de Compostela: CILL Ramón Piñeiro, 153-167.
R. Álvarez (1994): "As formas do dativo e a expresión do número en galego medieval: lle / lles, llo / llelo", Verba 21, 133-166.
R. Álvarez e H. Monteagudo (1994): "Evolución lingüística interna I. Gramática", en G. Holtus, M. Metzeltin e Ch. Schmitt (eds.): Lexicon der Romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer, VI, 2, 1-22.
C. García / A. Santamarina et alii (1995): Atlas Lingüístico Galego. Volume II: Morfoloxía non verbal [coord. Rosario Álvarez]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1996): "Na estrema do galego: a lingua do Bierzo Baixo transmitida por Fernández y Morales",  Lorenzo, R. & Álvarez, R. (eds.): Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, Santiago: USC, 157-202 [reimpresión en Ponferrada: Instituto de Estudios Bercianos, 49-108].
R. Álvarez (1996): "Posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio", Verba 23, 11-35.
R. Álvarez (1997): "Variación diatópica no Coloquio de Sarmiento", en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995) (Santiago de Compostela, 29 de maio - 3 de xuño de 1995). Santiago: CCG, II 131-154. 
R. Álvarez (1997): "A posición do pronome átono en construccións de infinitivo e xerundio en galego antigo", en I. Castro (ed.): Actas do XII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüistica (Braga-Guimaraes)30 de Setembro a 2 de Outubro de 1996, II 7-29.
R. Álvarez (1997): "O complemento de solidariedade. A complicidade entre os interlocutores", en B. Fernández Salgado (ed.): Proceedings of the 4th International Conference of Galician Studies / Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos (Universidade de Oxford, 26-28 Setembro 1994). Oxford: Center for Galicien Studies, I 37-53.
R. Álvarez & H. Monteagudo (1998): "¿Sedia·m'eu? A propósito do incipit da cantiga de Meendiño", en X. L. Couceiro e L. Fontoira (eds.) (1998): Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas: Día das Letras Galegas 1998. Santiago de Compostela: USC, 45-64.
R. Álvarez & X. Xove (1998): "Lingua e variación dialectal na Crónica Xeral Galega", en D. Kremer (ed.): Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, I 29-58.
R. Álvarez (1998): "Secuencias de pronomes átonos en galego medieval", en G. Ruffino (ed.): Atti del XXI Congresso Internazionale di Linguistica e Filologia Romanza (Centro di Studi Filologici e Linguistici Siciliani, Università di Palermo, 18-24 settembre 1995)Vol. 1.Grammatica storica delle lingue romanze. Tübingen: Max Niemeyer, 13-23.
R. Álvarez (1999): "Porque non todos somos iguais. Achegas ó estudio do tratamento en galego", en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Prof. Xesús Alonso Montero. Santiago: USC, I 207-228.
C. García / A. Santamarina et alii (1999): Atlas Lingüístico Galego. Vol. III: Fonética [coord. Manuel González]. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / ILG.
R. Álvarez (1999): "Entre min e ti", en X. L. Couceiro et alii (eds.): Homenaxe ó Prof. Camilo Flores. Santiago: USC, I 117-141.
R. Álvarez (2000): "O redobro de a + FN en galego moderno", en R. Vieira de Castro e P. Barbosa  (eds.): Actas do XV Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüística (Faro, 29 set.-1 out. 1999). Braga: APL, I 75-93. 
R. Álvarez / X. Xove (2000): "Contribución ó estudio do léxico de J. M. Pintos", en J. L. Rodríguez (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo I: A obra de Ricardo Carvalho Calero. Lingüística. Santiago: USC, 369-409.
R. Álvarez (2000): "¡Vivan eles, vivan elas!: achega ó estudio do tratamento en galego", en Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Universitat de Barcelona, 149-155.
R. Álvarez (2000): "Fuco G. Gómez: Grafía galega, Habana 1927", en D. Kremer (ed.): Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: Un século de Estudios Galegos. Galicia fóra de Galicia. La Habana 17-21 de abril do 2000. Trier: Galicien-Zentrum der Universität Trier / Ediciós do Castro, I 3-18.
R. Álvarez (2001): "El vai ben así: pervivencia e construccións de el invariable", Cadernos de Lingua 23, 5-33.
R. Álvarez (2001): "O don da palabra", en Xornadas sobre Otero Pedrayo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 201-215.
R. Álvarez e Xosé Xove Ferreiro (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia .
R. Álvarez (2002): "Topónimos en -edo / -ido", en A. I. Boullón Agrelo /ed.): Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas. Santiago de Compostela, 20-25 de setembro de 1999. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, I 87-101.
R. Álvarez (2002): "El foy a primeira vez: testemuños antigos de el invariable", en R. Lorenzo (ed.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: USC, 23-36.
R. Álvarez & X. L. Rodríguez Montederramo (2002): "O Diálogo de Alberte e Bieito. Dramaturxia, elites letradas e escrita en galego a fins do século XVI", Boletín da Real Academia Galega 363, 241-311 [inclúe facsímile].
R. Álvarez (2002): "Gramática contrastiva do portugués e o galego: o diminutivo", en L. Iglesias Rábade et alii (eds.): Studies in contrastive linguistics: proceedings of the 2nd International Contrastive Linguistics Conference (Santiago de Compostela, October, 2001). Santiago: USC, 91-107.
R. Álvarez (2002): "Viño novo en odres vellos: os nomes do millo", en R. Álvarez, F. Dubert García e X. Sousa Fernández (eds.): Dialectoloxía e léxico. Santiago: ILG / CCG, 69-94.
R. Álvarez (2002): "O legado lingüístico de Martín Sarmiento", en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Actas das xornadas celebradas en Pontevedra os días 23, 24 e 25 de maio de 2002. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 71-88.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar