Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xesús Ferro Couselo
Valga, Pontevedra, 30/07/1906


16/09/1951


Ramón Mª Aller Ulloa, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret Casado


Personalidad y obra del historiador Mauro Luzón de Castelló y Ferrer.




Florentino López Cuevillas


Víctor Fernández Freixanes (27/02/2004 - )
Carlos Casares Mouriño (27/05/1978 - 09/03/2002)
Xesús Ferro Couselo (16/09/1951 - 23/04/1975)
Juan Rodríguez Cabrero (10/06/1946 - 27/12/1949)
Federico Maciñeira y Pardo de Lama (04/09/1905 - 25/01/1943)


Xesús Ferro Couselo contribuíu á difusión da nosa cultura a través de numerosas investigacións históricas. Moi especialmente traballou na recuperación do pasado de Ourense e a súa provincia.

Sobriño de Xosé Couselo Bouzas, sacerdote agrarista que participou da fundanción do Seminario de Estudos Galegos e foi profesor do seminario de Santiago, Xesús Ignacio Ferro Couselo naceu en Cordeiro (Valga), o 30 de xullo de 1906 e finou en Ourense o 23 de abril de 1975.

A partir de 1918, ingresou no seminario compostelán e, desde 1926, cursou Filosofía e Letras. Xa interesado pola nosa historia, colaborou co Seminario de Estudios Galegos, onde fixo amizade con Xaquín Lorenzo. No ano 1931 trasladouse a Vigo, xa como doutor, para dar clases nun colexio xesuíta e, nese mesmo ano, fundou, por unha parte, a revista Logos e, por outra, participou da constitución do Partido Galeguista. Ao ano seguinte foi elixido vicepresidente das Mocedades Galeguistas. Coa expulsión da orde xesuíta, marchou a Tui en 1933 e alí fundou a revista Tude, en 1934.
Co obxecto de preparar oposicións, Ferro Couselo estableceuse en Madrid, onde o sorprendeu a Guerra Civil. Alí residiu durante o conflito, traballando con diferentes entidades -CNT, Patrimonio, Cruz Vermella- e formando parte das Milicias Populares Galegas da Frente Popular. Rematada a guerra, instalouse en Ourense, primeiro na súa casa natal do Novaíño e, desde 1941, na cidade, onde pasou o resto da súa vida como funcionario do Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Iniciou, asemade, un intenso, profundo e rigoroso labor de recuperación da historia da cidade e da provincia: creou o Arquivo Histórico Provincial; no ano 1942, organizou, con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, un equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico; en 1943 publicou o boletín do museo e, en 1951, instalou o Museo Arqueolóxico e o Arquivo Provincial no antigo Palacio Episcopal. Sen esquecer o galeguismo político e cultural, participou en 1943 na xuntanza que se celebrou en Vigo para reorganizar o Partido Galeguista e, en 1950, participou na fundación de Galaxia como vogal do seu Consello de Administración.

O 16 de setembro de 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Ramón María Aller Ulloa, Ramón Otero Pedrayo e Paulino Pedret Casado co discurso "Personalidad y obra del historiador Mauro Luzón de Castellá Ferrer"; un discurso ao que deu resposta Florentino López Cuevillas. Xa en 1963 entrou a formar parte do consello de redacción da revista Grial e, nese mesmo ano, no seo da institución académica, apoiou a iniciativa de Fernández del Riego e Manuel Gómez Román de instituír o 17 de maio como o Día das Letras Galegas. Ferro Couselo foi presidente da Asociación Cultural Auriense (1969-1973), creou a publicación históricaBoletín Auriense (1971) e recibiu a Encomenda de Afonso X o Sabio en 1972 polo seu labor científico.

A produción galega de Ferro Couselo é escasa: só 14 dos 121 traballos que conforman a súa biografía. Deses 121 cómpre indicar que 5 están escritos en portugués. Con todo, o historiador contribuíu á difusión da nosa cultura e lingua a través doutros medios: a súa participación en Galaxia, as conferencias ditadas en galego nas décadas de 1960 e 1970 ou o seu labor impartindo os primeiros cursos de galego en Ourense, xunto con Blanco Amor, conforman unha personalidade preocupada polo futuro da nosa lingua.

 

Os traballos máis relevantes do noso homenaxeado apareceron espallados en distintas publicacións periódicas ao longo da súa vida. Hoxe, boa parte da súa produción encóntrase recollida ou estudada en volumes coma os seguintes:

Cabada Álvarez, Anxo (et. al.). Xesús Ferro Couselo: Letras Galegas 1996. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1996.
Ferro Couselo, Xesús. Obra selecta. Vigo: Galaxia, 1996.
Gallego Domínguez, Olga. Xesús Ferro Couselo: vida e obra. A Coruña: Real Academia Galega, 1996.
Gil Nieto, Mª Luísa (et al.). Xesús Ferro Couselo: Letras Galegas 1996. Guía didáctica. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística, 1997.
González Perez, Clodio. Xesús Ferro Couselo: vida e obra. [Limiar de Francisco Fernández del Riego]. Muros: Toxosoutos, 1996.
Monteagudo Romero, Henrique (ed.). Xesús Ferro Couselo: Día das Letras Galegas 1996. [Limiar de Xesús Alonso Montero]. Santiago de Compostela: Universidade, 1996.
Navaza Blanco, Gonzalo & Pena, Ramón. Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros. Vigo: Xerais, 1996.
Universitat de Barcelona, ed. Homenaxe a X. Ferro Couselo (Cordeiro, 1906 – Ourense, 1975). Conmemoración das Letras Galegas 1996 na Universitat de Barcelona, 23 e 24 de maio de 1996. Barcelona: Universitat de Barcelona, 1996.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar