Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xosé Fernández Ferreiro
Nogueira de Remuín, 29/01/1931


09/03/2013


Xesús Alonso Montero Euloxio Rodríguez Ruibal Ramón Lorenzo Vázquez


Breves reflexións sobre escritores e xornalistas.




Manuel Rivas Barrós


Chus Pato (23/09/2017 - )
Xosé Fernández Ferreiro (09/03/2013 - 16/12/2015)
Francisco Fernández del Riego (03/11/1960 - 26/11/2010)
Florentino López Cuevillas (27/07/1941 - 30/07/1958)
Uxío Carré Aldao (04/09/1905 - 18/12/1932)


Xosé Fernández Ferreiro naceu o 29 de xaneiro de 1931 na parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Remuín e faleceu o 16 de decembro de 2015. Estudante de bacharelato en Ourense, xa nesta data empeza a escribir nos xornais ABC e La Noche, e funda tamén a agrupación cultural Xente Nova. En 1954 trasládase a Madrid a cursar estudos de xornalismo. Aquí funda -xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo- o grupo Brais Pinto que desenvolverá unha intensa actividade cultural no Madrid dos cincuenta, editando os poemarios Bocarribeira, de Otero Pedrayo; Poemas do home que quixo vivir, de Bernardino Graña ou A noite, do propio Fernández Ferreiro. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.
Despois de licenciarse en xornalismo, traballou como redactor en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego ou La Noche, e colaborou tamén cun bo feixe de publicacións como Grial, Vieiros, La Vanguardia ou Destino. O seu labor profesional como xornalista mereceulle, en 1985, o Premio Galicia de Xornalismo.

Como escritor, a prolífica obra de Fernández Ferreiro abrangue desde a poesía -que cultiva xa moi novo, cos libros Ribeirana do Sil, de 1952, e o vangardista A Noite, en 1959- ata o ensaio ou a crónica histórica. Pero será na narrativa –xénero que Fernández Ferreiro practicou en practicamente todas as súas sortes- a modalidade sobre a que cimentará a meirande parte da súa produción literaria e do seu prestixio como autor de referencia nas letras galegas de hoxe.

A súa carreira como novelista dá comezo en 1975 coa primeira novela de vaqueiros escrita en galego: A morte de Frank González, ao que lle seguen Morrer en Castrelo de Miño (1978), sobre a loita dos campesiños desta vila ourensá contra o encoro construído nas súas terras; A saga dun afiador (1980), na que constrúe unha epopea arredor dos afiadores que partiron da chaira ourensá a percorreren o mundo; a novela memorialista A ceo aberto, de 1981; a ficción científica de Reportaxe cósmico (1982); A fraga dos paxaros salvaxes, finalista do Xerais en 1985; un relato onírico e desacougante como O minotauro (1989); Agosto do 36, merecedora do Premio Xerais en 1991, e que supuxo o inicio da escrita sobre a materia da Guerra Civil nas nosas letras. A esta seguiríanlle A cidade das chuvias (1994), Co medo nas mans (1996), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004) e Tempo de centeo (2009).



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar