Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Uxío Torre Enciso
A Coruña, 12/11/1908


24/10/1970


Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias


Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia




Isidro Parga Pondal


Xosé Ramón Barreiro Fernández (14/02/1997 - )
Uxío Torre Enciso (24/10/1970 - 17/04/1994)
Julio Sigüenza Reimúndez (28/01/1956 - 15/04/1965)
Celestino Sánchez Rivera (27/07/1941 - 30/11/1948)
Leandro de Saralegui y Medina (04/09/1905 - 01/12/1906)


Nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un destacado químico e farmacéutico cun labor investigador no campo da xeoloxía amplamente recoñecido.

Torre Enciso cursou na súa cidade natal o Bacharelato, para trasladarse despois a Santiago de Compostela, onde se licenciou nas carreiras de Ciencias Químicas e Farmacia. Posteriormente, en Madrid, cursou o Doutoramento en Ciencias Xeolóxicas e no ano 1940 gañou a cátedra que exerceu no Instituto 'Eusebio da Garda' da Coruña. Destacaron as súas actividades no campo da xeoloxía do Cuaternario e da xeomorfoloxía galega. O seu labor está unido ao de Parga Pondal, con quen colaborou intensamente en calidade de membro do equipo investigador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. A obra científica de Torre Enciso abriu novos camiños á ciencia no que se refire ao proceso de alteración das rochas graníticas e a notables achegas ao coñecemento xeomorfolóxico do chan galego. Foi tamén o pioneiro en anunciar o papel da erosión fluvial na formación do relevo somerxido das rías galegas e o primeiro investigador de restos fósiles do Cuaternario de Galicia: dous molares de mamut aparecidos nunha canteira de Buxán, provincia de Lugo.

Ao longo da súa vida, diversas sociedades contaron coa súa presenza e participación. Así, foi membro de número da Real Sociedad Española de Historia Natural e da Real  Sociedad Geográfica. Foi tamén membro fundador do Instituto 'José Cornide' de Estudios Coruñeses e da Academia Galega das Ciencias. O 24 de outubro de 1970 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Isidro Parga Pondal, Antonio Fraguas Fraguas e Luís Iglesias Iglesias co discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, ao que lle deu resposta Isidro Parga Pondal.

Publicou numerosos estudos sobre xeoloxía, especialmente sobre a galega, entre os que destaca a seguinte obra:

Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. A Coruña: Real Academia Galega, 1970.
“Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica”, Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33-34.
“Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña”. Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21-51.
“Estado actual del conocimiento de las rías gallegas”, en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo: Galaxia, 1958, pp. 237-250.
“Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales”, Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18-20.

En colaboración con I. Parga Pondal e J. M. López de Azcona publicou as seguintes Follas e Memorias explicativas do Mapa Geológico Nacional a Escala 1:50.000: n. 45 Betanzos, (1969); n. 67, Muxía (1955); n. 68, Camariñas (1954); n. 69, Santa Comba (1957); n. 70, Ordes (1961); n. 92, Fisterra (1959); n. 93, Outes (1958); n. 260, Oia (1954); n. 261,  Tui (1953); n. 298, A Guarda (1956); n. 299, Tomiño (1963).



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar