Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Leandro de Saralegui y Medina
Tui, Pontevedra, 30/06/1839


04/09/1905


Académico fundador


Discurso leído en La Coruña el día 30 de Septiembre de 1906 en la solemne inauguración de la Real Academia Gallega.




Xosé Ramón Barreiro Fernández (14/02/1997 - )
Uxío Torre Enciso (24/10/1970 - 17/04/1994)
Julio Sigüenza Reimúndez (28/01/1956 - 15/04/1965)
Celestino Sánchez Rivera (27/07/1941 - 30/11/1948)
Leandro de Saralegui y Medina (04/09/1905 - 01/12/1906)


Nado en Tui o 30 de xuño de 1939 e finado en Ferrol o 6 de outubro de 1910, foi intendente da Real Armada Española e escritor. Ingresou no Corpo Administrativo da Armada o 10 de febreiro de 1854 para prestar servizo como oficial ata 1861, ano en que foi comisionado para establecer a Academia de Administración de Mariña en Ferrol, coa categoría de oficial segundo. Desempeñou sucesivamente os cargos de ordenador do Arsenal de Ferrol, director das Academias de Administración Naval, interventor do Departamento de Cádiz e do Apostadero de Filipinas, intendente de Ferrol e intendente xeral do Ministerio de Mariña. No ano 1905 cesou voluntariamente no seu último cargo por enfermidade e pasou a residir en Ferrol, cidade á que consagrou importantes estudos.

Saralegui y Medina foi académico fundador da Real Academia Galega, académico correspondente da de Historia, membro da Academia Arqueológica de Pontevedra e das Sociedades Económicas de Amigos del País de Cartagena, Madrid e Filipinas. Entre outras condecoracións, foille outorgada a gran cruz do mérito naval e as encomendas de Carlos III e Isabel a Católica, se ben rexeitou a gran cruz de Alfonso XII. No ano 1905 foi nomeado fillo adoptivo de Ferrol.

No xornalismo, entre os anos 1883 e 1887, colaborou no Álbum histórico científico y literario publicado por El Correo Gallego e,en 1890, dirixiu o Almanaque de Galicia para 1891, baixo o pseudónimo E. Gil Arans. Colaborou tamén en Almanaque Gallego (Bos Aires, 1902) e, sobre todo, en Anuario Ferrolano (1901-1910), onde deu ao prelo relevantes artigos coma “Trasancos” (1906), “La fábrica nacional de Jubia” (1907) e “Datos bibliográficos referentes a la historia de Ferrol” (1907). Deixou unha prolífica obra que se divide entre estudos dedicados á temática naval e traballos consagrados á literatura, historia ou arqueoloxía galegas. Indicamos, a seguir, os títulos máis importantes da súa produción relativa a Galicia:
Estudio sobre la época céltica en Galicia. Ferrol: Nicaso Taxonera, 1867.
Pueblos lacustres. Estudios de arqueología prehistórica. A Coruña: La Concordia, 1871.
Estudios sobre Galicia. A Coruña: Imp. de Andrés Martínez Salazar, 1888.
Del Monte de Ancos. Ferrol: Imp. de Hijos de R. Pita, 1898.
Informe sobre el convento de Santa Catalina de Montefaro. Ferrol: Imp. de Hijos de R. Pita, 1900.
La futura historia de Ferrol. Lugo: Tip. de Juan A. Menéndez,  1901.
Del estado de las personas en Ferrol durante la Edad Media. Ferrol: Imp. de Hijos de R. Pita, 1902.
Efemérides ferrolanas. Apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías. Madrid: Imp. Ministerio de la Marina, 1904.
La protesta de Pedro Padrón. Discurso leído en La Coruña el día 30 de septiembre de 1906 en la solemne inauguración de la Real Academia Gallega. Ferrol: Imp. de 'El Correo Gallego', 1906.
Ardobrica. Estudio de geografía histórica. Ferrol: Imp. de 'El Correo Gallego', 1908.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar