Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Manuel Banet Fontenla
A Coruña, 30/05/1871


04/09/1905


Académico fundador


Salvador García-Bodaño Zunzunegui (25/11/1992 - )
Ramón Piñeiro López (25/11/1967 - 27/08/1990)
Manuel Banet Fontenla (04/09/1905 - 30/09/1962)


Tesoureiro (19/06/1944 - 15/10/1944)


Marilar Aleixandre (28/03/2017 - Actualidade)
Rosario Álvarez Blanco (20/04/2013 - 17/03/2017)
Manuel González González (23/01/2010 - 20/04/2013)
Andrés Fernández-Albalat Lois (20/12/2001 - 18/12/2009)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (29/11/1997 - 29/11/2001)
Antonio Meijide Pardo (26/06/1983 - 01/06/1997)
Marino Dónega Rozas (26/12/1976 - 20/03/1983)
Leandro Carré Alvarellos (19/06/1951 - 14/02/1976)
Ángel del Castillo López (15/10/1944 - 19/04/1951)
Manuel Banet Fontenla (19/06/1944 - 15/10/1944)
Ángel del Castillo López (13/12/1942 - 19/06/1944)
Félix Estrada Catoyra (30/06/1924 - 14/03/1938)
Francisco Ponte y Blanco (12/05/1923 - 31/03/1924)
Andrés Martínez Salazar (02/10/1915 - 10/02/1923)
José Pérez Ballesteros (04/11/1905 - 02/11/1914)

Nado na Coruña o 30 de maio de 1871 e finado na mesma cidade o 29 de setembro e 1962. Foi avogado, economista e notario. Tamén foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega e o encargado de ler o discurso do presidente Murguía na sesión inaugural. Ostentou o cargo de Tesoureiro desde o 19 de xuño de 1944 ata o 15 de outubro de 1944, durante unha interrupción no labor de Ángel del Castillo López.

Banet Fontenla rematou os seus estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1892 e desde entón e ata 1898 traballou como avogado criminalista. Ao ano seguinte, obtivo o primeiro posto nas oposicións a notarías e trasladouse a Monforte para o exercicio da súa profesión. En 1930, substituíndo a D. Andrés Domínguez Durán, exerceu como notario en Santiago de Compostela e, dez anos máis tarde, trasladouse ao seu último destino, á súa cidade natal, A Coruña, substituíndo a D. Ildefonso Fernández Feijoo. No ano 1946 cesou nas súas funcións como notario e regresou á carreira da avogacía co seu propio despacho na rúa Real da Coruña.

Foi un ilustre militante do rexionalismo liberal que, naquela altura, defendían numerosas personalidades da cultura na cidade da Coruña. Así, con Murguía, Pondal, Carré Aldao, Martínez Salazar, Martelo Paumán, Galo Salinas, Lugrís Freire, Pérez Ballesteros e Salvador Golpe, entre outros, participou do faladoiro celebrado na libraría propiedade de Carré Aldao que pasou á historia como Cova Céltica. Pero ademais dun intelectual, Banet Fontenla foi tamén un amante do campo e das súas xentes, por iso se converteu nun dos máis importantes representantes do movemento agrario dentro do galeguismo.          

Participou na edición e publicación de multitude de publicacións rexionalistas como A Nosta Terra e Revista Gallega. Entre as súa publicacións sobrancean as seguintes:
A prol do Estatuto. Santiago de Compostela: Nós, 1933.
“A Nosa capacitación”, Eco de Galicia. Ano 5, n.º 139, 13 de marzo 1921.
“Pol-o camiño”, Eco de Galicia. Ano 8, n.º 201, 21 de outubro 1923.
“O bilingüismo”, Boletín da Real Academia galega, t. 27, n.º 309-320, 1956, pp. 7-10.
“Discurso de celebración del cincuentenario de la Academia”, Boletín da Real Academia galega, t. 27, n.º 309-320, 1956, pp. 568-575. 



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar