Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xulio Francisco Ogando Vázquez
O Carballiño, Ourense, 12/11/1913


18/04/1980


Sebastian Martínez-Risco y Macías, Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo e José Trapero Pardo


Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868 e 1968.




Xosé Filgueira Valverde


Ramón Villares Paz (24/11/2006 - )
Xulio Francisco Ogando Vázquez (18/04/1980 - 01/04/2005)
Fermín Bouza-Brey Trillo (27/07/1941 - 11/06/1973)
Pablo Pérez Costanti (04/09/1905 - 19/09/1938)


Xulio Francisco Ogando Vázquez (1913-2005) cursou os estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela onde acadou a licenciatura con premio extraordinario, posteriormente licenciouse tamén en Dereito pola mesma universidade e desde 1941 exerceu a docencia en varios institutos ata a súa xubilación en 1983 no Instituto Ramón Otero Pedrayo.

A súa obra de investigación abrangue importantes traballos sobre o mundo do libro, entre os que cómpre salientar: Tres notas sobre la Historia Compostelana (1943), Catálogo de la Primera Exposición del Libro Lucense (1945), La Biblioteca ideal dun cura mindoniense del siglo XVI (1947), ou Supersticiones mindonienses en las sinodales del obispo Fr. Antonio de Guevara (1979).

O estudo de xuristas e ilustrados desde o século XIV ao XVIII tamén foi outro dos eidos explorados polo investigador e deste labor destacan obras como: Los grandes juristas gallegos (1954), Cuatro juristas orensanos (1960); e estudos sobre figuras como Pedro García de Ovalle, Gaspar Rodríguez, Francisco de Caldas Pereira Castro, Juan Manuel Paz Novoa, Álvaro Pelagio, etc.

Destacan así mesmo estudos sobre escritores galegos, entre eles os dedicados a Antonio López Ferreiro, Marcelo Macías, Ramón Otero Pedrayo e Manuel Martínez Risco.

Formou parte da Real Academia galega desde o ano 1942, en que foi elixido membro correspondente e ingresou como membro numerario o 18 de abril de 1980, data en que leu o preceptivo discurso de ingreso que titulou: Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968, no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense, onde foi contestado en nome da institución por Xosé Luís Filgueira Valverde.

Foi membro da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Alexandre Bóveda, correspondente da Real Academia da Historia, da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Instituto de Coímbra.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar