Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Olga Gallego Domínguez
Ourense, 08/12/1923


15/11/1986


Manuel Chamoso Lamas, Francisco Ogando Vázquez e Francisco Xavier Río Barja


As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime




Antonio Gil Merino


Xosé Luís Regueira Fernández (02/06/2012 - )
Olga Gallego Domínguez (15/11/1986 - 04/09/2010)
Francisco Vales Villamarín (27/07/1941 - 25/08/1982)
José García Acuña (15/11/1932 - 10/06/1933)
Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 01/02/1923)


Olga Gallego Domínguez (Ourense, 8 de decembro de 1923 - Ourense, 4 de setembro de 2010) cursou Filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1955 ingresou por oposición no Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, tres anos despois, por nova oposición, ingresou no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e foi destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. Nesta cidade realizou un importante labor, non só á fronte dos organismos que dirixiu, senón que tamén verificou os catálogos da Fundación Penzol, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene, o da biblioteca da Caixa de Aforros e tamén colaborou durante tres veráns na catalogación da biblioteca do Mosteiro de Guadalupe, en Cáceres.

En virtude dun concurso de traslado accedeu aos cargos de directora do Arquivo Histórico Provincial e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense, cargos desempeñou ininterropidamente desde 1968. Durante os anos 1951-1954 ordenou e clasificou o Arquivo Diocesano de Ourense.

Foi membro e directora de sección do grupo de colaboradores Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense desde a súa fundación por Ferro Couselo no ano 1972. Pertenceu ao Padroado da Fundación Penzol, ao Padroado Ramón Otero Pedrayo; foi membro correspondente da Ral Academia da Historia desde 1980 e pertenceu á Real Academia Galega como membro umerario desde novembro de 1986, data en que deu lectura ao discurso As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime e a quen contestou en nome da institución Antonio Gil Merino. En 1974 foi condecorada co Lazo da Orde de Alfonso X.

É autora de diversas publicacións e traballos, entre eles, "Plata labrada que en 1601 había en Orense" Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense, 1949; "La obra del entallador Aymon Pourchelet en Orense, 1580-1630" Boletín Auriense, 1971; "Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol" 1972; "Torres, puertas y cerca de la ciudad de Orense" Boletrín Auriense, 1973; "Demografía orensana desde el siglo XIV al XIX" Boletín Auriense, 1973; "La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX" 1973; "Notas sobre algunas ermitas orensanas" 1975; "Hospitales de la provincia de Orense", Boletín Auriense, 1976; El Monasterio de Celanova a mediados del siglo XIX" 1977; "El catastro del Marqués de la Ensenada en Orense y Pontevedra, y su mecanización" 1976, en colaboración con Pedro López Gómez; "Arquivos, autonomía e dereitos cidadáns" 1978, en colaboración con varios autores; "El Archivo Histórico Provincial de Orense" Orense, 1978;  "Evolución de la propiedad de los montes en la provincia de Orense" Boletín auriense, 1978; "Catálogo de textos y disposiciones legales impresos" 1979; "Clasificación de los fondos documentales de los Archivos Históricos Provinciales" 1980, en colaboración con Pedro López Gómez; "Guía das coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol" 1980, en colaboración con Pedro López Gómez.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar