Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xesús Alonso Montero
Vigo, Pontevedra, 28/11/1928


30/10/1993


Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares Mouriño e Ramón Piñeiro López


"Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da posguerra na Galicia da terra e na Galicia emigrante (1939-1962)




Xosé Filgueira Valverde


Xesús Alonso Montero (30/10/1993 - )
Rafael Dieste González (18/04/1970 - 15/10/1981)
Valentín Villanueva Rivas (03/08/1924 - 08/11/1931)
Ramón Bernárdez González (04/09/1905 - 16/06/1911)


Presidente (20/04/2013 - 17/03/2017)


Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade)
Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017)
Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010)
Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001)
Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997)
Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977)
Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960)
Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944)
Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944)
Manuel Lugrís Freire (28/04/1934 - 20/08/1935)
Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934)
Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926)
Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923)
Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923)

Nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, Xesús Alonso Montero é filólogo e historiador da literatura galega.

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Filoloxía Románica) na Universidade Central de Madrid no ano 1953. Tres anos despois converteuse en Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio e, en 1959, seríao de Instituto. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca coa tese Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega, no ano 1966. Transcorridos oito anos, converteuse en profesor titular de Literatura Española na USC (Colexio Universitario de Vigo) e, en 1989, de Literatura Galega. Chegou a ser, no ano 1991, Catedrático de Literatura Galega e, en 1999, Catedrático emérito da mesma Universidade. Recentemente, no ano 2010, foi nomeado Doutor honoris causa da UNED, á que presentou o discurso “Cómo cantaron e contaron a Miguel Hernández os poetas galegos nos anos do franquismo”.

A súa obra abrangue distintas perspectivas da lingua, da historia e da literatura. A seguir amosamos unha escolma dos seus títulos máis importantes:

Lingua galega: Sociolingüística, problemática da lingua, historia cultural, ensino…
O que cómpre saber da lingua galega, 1969 / Constitución del gallego en lengua literaria, 1970 / O galego na escola, 1979 / Informe -dramático- sobre la lengua gallega, 1973 / Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas y otras áreas conflictivas, 1977 e 2008 / Decálogo da lingua galega, 1990 / Informe(s) sobre a lingua galega, 1991 / A batalla de Montevideo: os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954, 2003.

Letras galegas: República, Guerra Civil, Posguerra (franquismo e antifranquismo), Exilio
Escritores: desterrados, namorados…, 1980 / As palabras no exilio. biografía intelectual de Luís Seoane, 1994 / Os poetas galegos e Franco, 1997 / Os poetas con Federico García Lorca e coa España republicana, 1998 / Curros Enríquez no franquismo, 2003 / Dous días na vida de Lorenzo Varela, 2005 / Os escritores galegos ante a Guerra Civil española, 2006 / Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1936-2006), 2007 / Cartas de republicanos galegos condenados a morte, 2009 / Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, 2011 / Castelao na Unión Soviética en 1938. Filocomunismo e prosovietismo de Castelao na Guerra Civil, 2012.

Libros sobre escritores galegos do XIX e do XX
Rosalía de Castro, 1972 / M. Curros Enríquez, 1974 / Castelao, 1975 / Celso Emilio Ferreiro, 1982 / Manuel Leiras Pulpeiro, 1983 / Luís Pimentel, 1990 / Ben-Cho-Shey, 1996 / Oteriana, 2000 / Ánxel Fole, 2006 / Ramón Piñeiro, 2009

Antoloxías
Textos literarios y geográficos sobre Tierra de Campos, 1960 / Os cen mellores poemas da lingua galega, 1969 / Castelao, Prosas escollidas, 1975 / Celso E. Ferreiro, Antoloxía, 1982 / Coroa poética para Rosalía de Castro, 1985 / Coroa poética para Castelao, 1988 / Lorenzo Varela, Dez poemas, 1988 / Coroa poética para un mártir (Al. Bóveda), 1966 / Poemas ó vagalume, 1997 / 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara, 1998 / Coroa literaria para Federico contra a súa morte, 1998 / A Guerrilla galega antifanquista e os guerrilleiros na voz dos poetas, 2002 / R. Alberti, Once poemas “gallegos”, 2002

Colectáneas: obras completas e outras
Castelao, Prosas recuperadas, 1974 / Galicia vista por los no gallegos, 1974 / A. Tovar, Poesía galega completa, 1975 / Rosalía de Castro, Obra galega completa, 1977 / R. Cabanillas, Obras completas, 1979-81 / M. Leiras Pulpeiro, Obras completas, 1983 / Rosalía de Castro, Obra completa, 1983 / A. Iglesia Alvariño, Poesía galega completa, 1986 / M. Curros Enríquez, Obra galega, Obra castellana, 1989 / Vinte e sete escritores de fóra falan de Rosalía de Castro, 1979 / R. Otero Pedrayo, Poesía, 2010

Letras clásicas, Letras galegas: libros e traballos
“O latinista Francisco Fanego”, 1991 / “Catro epodos de Horacio en galego(1910)”, 1992 / “As Odas de Horacio na tradución de Aquilino (1951)”, 2001 / “Dous traballos sobre o Beatus ille nas Letras Galegas”, 2002, 2004 / “Isidoro Millán: Letras Clásicas, Letras Galegas”, 2003 / Pro lingua latina (et non solum), 2003 / Rosalía de Castro traducida ó latín e cantada en latín e grego clásico, 2003.

F. García Lorca e outros poetas alófonos
I Congreso de poetas alófonos, 1993 / Carles Riba en Galicia (ed.), 1993 / Poetas alófonos en lingua galega (ed), 1994 / Eduardo Jorge Bosco, Poemas en lingua galega, 1994 e 2007.

Poesía medieval e dos séculos escuros (libros e traballos)
“Fortuna literaria de Mendiño”, 1990 / Estudio literario das Festas Minervais de 1697, 1993 / “O P. Sarmiento, primeiro estudoso da poesía medieval galega”, 1997 / “Fortuna literaria dos tres poetas medievais da Ría de Vigo”, 1998 / Martín Codax, o gran poeta e cantor de Vigo (en gal., cast. e inglés), 2010.

Poesía popular da tradición oral (antoloxías e traballos)
Cántigas populares sociales (59 galegas e 9 negras), 1966 / Cantigas sociales recollidas do pobo, 1969 / “O cura no cancioneiro popular galego”, 1975 / “Xosé Pérez Ballesteros e a poesía popular galega”, 1979 / “Castelao e as cántigas populares”, 1992.

Traballos sobre escritores de lingua castelá, catalá e portuguesa
Bernabé Busto, Cervantes, Jovellanos, Unamuno, Azorín, A. Machado y Álvarez, A. Machado, P. Salinas, Dolores Ibárruri // J. Verdaguer, Joan Maragall, S. Espriu, R. Salvat, Alvaro Cunqueiro (sic) // Antero de Quental, J. Leite de Vasconcelos.

Libros e opúsculos en verso
Versos satíricos (para hoxe) ó xeito medieval, 1998 / Versos republicanos e outros versos políticos, 2002 / Pois era un barco pirata, 2003 / Romances do dezaseis de febreiro de 1936, 2006.

Prosa de ficción
Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, 1974 / Das miñas memorias: 27 meses na Guerra Civil (1936-1939), 1999.

Sobre Xesús Alonso Montero téñense publicado as seguintes obras:
Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor X.A.M., USC, 1999 (2 vols.).
Varios, Ex toto corde. No oitenta aniversario de don X.A.M. tresCtres, 2009.
Hermida, Modesto, X.A.M., palabras e compromiso, Vigo, 2010.
ALXAM. Guía do Arquivo Literario, Deput. Prov. de Ourense, 2011



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 14 de decembro de 2017 / 20:00 h
'Eduardo Pondal, poeta na Coruña', conferencia de Manuel Ferreiro

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar