Novas na categoría doazóns.

Doazón de Francisco Cerviño

8/01/15 | Entre os valiosos documentos doados polo exdeputado e membro correspondente da Academia, áchanse un exemplar da Engádega ás normas para reunificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, e outro titulado Os Nosos: Méndez Núñez, publicado por Ultreya.

O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo

10/06/14 | Entre o material procedente da doazón de José Ogea atopamos esta verdadeira rareza xornalística, o xornal quincenal o Picaraño, publicado no Entrimo entre 1909 e 1910.

Achado o primeiro número de 'La tierra gallega'

21/04/14 | A doazón procedente de José Ogea contén o primeiro número do semanario La tierra gallega, fundado por Manuel Curros Enríquez na Habana o 8 de abril de 1894.

Doazón de documentos de Villar Ponte

9/04/14 |
Esperanza Casal Rodríguez, nora de Antón Villar Ponte, fixo entrega á Academia, por medio de Pepe Carballude, de varios documentos que pertenceron ao senlleiro galeguista.

Doazón do legado de José Ogea

25/03/14 |
Entre o valioso material doado, áchase un exemplar dedicado de A mi madre, de Rosalía de Castro, así como primeiras edicións dos nosos clásicos, e abondosas pezas hemerográficas e documentais.

A biblioteca Mirambell-Malibrán

13/01/14 |
O 22 de novembro de 1927, o empresario catalán afincado en Vigo e membro correspondente desta institución, Tomás Mirambell, fixo doazón á Academia dunha importante colección bibliográfica.

Doazón de Ana Mejuto

27/12/13 | A doazón consiste en máis de corenta cartas escritas desde a cadea polo seu avó, o preso republicano José Mejuto Bernárdez.

Doazón dos manuscritos do xeneral Beceiro

8/11/13 |
Entre as cinco obras manuscritas doadas polo seu fillo, Juan Luís Beceiro García, á Academia atópanse as traducións d'O Quixote e A Odisea.

A Academia recibe o arquivo persoal de Rodríguez Yordi

24/08/13 |
Eladio Rodríguez Rodríguez e María Victoria Rodríguez fixeron entrega, en nome da súa familia, de valiosos manuscritos de Julio Rodríguez Yordi.

Doazón de O Facho á Academia

11/03/13 |
O acordo inclúe a doazón á Academia de milleiros de pezas documentais e bibliográficas que recollen o labor desta agrupación en defensa da lingua e cultura galegas.
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 14 de decembro de 2017 / 20:00 h
'Eduardo Pondal, poeta na Coruña', conferencia de Manuel Ferreiro

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar