Contido con Actualidade Novas.

"As columnas de 'Á marxe' son unha novela aberta na que viaxamos pola vida"

24/11/17 |
Víctor F. Freixanes pechou o Simposio Carlos Casares cun relatorio sobre os artigos diarios do escritor. Xosé M. Pereiro e Ramón Loureiro tamén se detiveron nestes textos e Inma López Silva releunos desde a perspectiva de xénero. Álex Alonso analizou a responsablidade do intelectual en 'Deus sentado nun sillón azul'

Da oralidade e a historia de Galicia ao propio Casares na súa obra

23/11/17 |
A segunda xornada do simposio sobre a súa figura contou con novas achegas de María López Sández, Antón Riveiro Coello, Francisco Castro, Marilar Aleixandre e Henrique Monteagudo

Marilar Aleixandre gaña o XI Premio Raíña Lupa coa novela 'A filla do Minotauro'

23/11/17 |
O xurado valora a "relectura moi actual" que realiza da mitoloxía grega e os distintos niveis de lectura que permite. A académica é a primeira muller que gaña o certame de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

O Simposio Carlos Casares arrinca cunha volta aos anos de mocidade e a procura de novos lectores

22/11/17 |
Arcadio López-Casanova recordou os 60 compartidos como estudantes. A procura de novos lectores do autor abordouse nunha mesa que analizou desde a atención que lle prestou á literatura infantil e xuvenil ata o proceso de simplificación da linguaxe a través dos cambios que introducía nas galeradas

Marina Mayoral ingresa na Real Academia Galega como membro de honra o 2 de decembro

20/11/17 |
A escritora e investigadora entrará na institución cun discurso titulado ‘Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?'. O académico de número Xosé Luís Franco Grande daralle a resposta en nome da institución

Os PEN Translates awards premian a tradución de Craig Patterson da última novela de Eva Moreda

15/11/17 |
O académico correspondente verteu ao inglés 'A Veiga é como un tempo distinto' como xeito de celebrar "o enorme talento literario e creativo" da autora. O traballo sairá do prelo en 2018 no mesmo selo no que xa publicou a primeira tradución inglesa do 'Sempre en Galiza'

A xeomorfoloxía na RAG da man de Uxío Torre Enciso

13/11/17 |
Na Semana da Ciencia, a Academia publica o discurso de ingreso na institución do profesor, pronunciado o 24 de outubro de 1970 na Coruña, e a resposta de Isidro Parga Pondal

O presidente de Afundación visita a Real Academia Galega

13/11/17 |
Miguel Ángel Escotet, acompañado polo seu director xerente, Pedro Otero, coñeceu a institución e os seus proxectos, e interesouse especialmente polos fondos do arquivo, a biblioteca e o patrimonio artístico da Academia

Os debuxos de Claudio Varela para 'O incerto señor Don Hamlet'

13/11/17 |
A Academia amosa na súa web, co gallo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, os bosquexos do artista coruñés empregados para o 'attrezzo' da obra de Álvaro Cunqueiro. A peza estreouse no teatro Colón da Coruña en 1959

Un repaso ao labor editorial de Casares desde Vigo

10/11/17 |
A segunda xornada organizada pola Fundación Carlos Casares serviu para lembrar a aposta do escritor pola modernización do sector do libro. O encontro celebrouse na cidade que nos anos 80 se converteu na capital galega do mundo editorial
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar