O Dicionario incorpora a busca directa de palabras polo feminino

30/03/17 |
A nova utilidade ponse en marcha tras a fase de probas en DicionarioLab, a web aberta á participación colectiva no proceso de actualización do Dicionario. O espazo colaborativo permite experimentar desde hoxe coa procura por categorías gramaticais

Víctor F. Freixanes, elixido novo presidente da Real Academia Galega

28/03/17 |
O Pleno reunido esta tarde en sesión extraordinaria apoiou maioritariamente a candidatura do académico. Acompañarano na comisión executiva Henrique Monteagudo, Andrés Torres Queiruga, Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey

Comunicado da Academia en relación coa elección da Presidencia

27/03/17 |
O Pleno da institución someterá a votación este martes, nunha sesión extraordinaria, a candidatura de Víctor F. Freixanes, a única presentada

'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', teatro fronte aos contos de príncipes e princesas

27/03/17 |
A única obra dramatúrxica de Carlos Casares estreouse en 1973 na I Mostra do Teatro Galego de Ribadavia. A fantasía e o humor van da man da crítica social neste texto que escribiu como resposta a unha literatura para a infancia que non lle gustaba

Henrique Monteagudo asina a primeira biografía de Carlos Casares

22/03/17 |
Galaxia, a editorial que o escritor dixiriu dezaseis anos, publica 'Carlos Casares. Un contador de historias' . O biógrafo define a súa literatura como a manifestación escrita do "gran conversador" que foi o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017

O Pleno extraordinario de elección da nova directiva celebrarase o vindeiro 28 de marzo

21/03/17 |
A sesión terá lugar a partir das seis e media da tarde. A candidatura ou candidaturas á Presidencia que poidan concretarse deben incluír cadansúa proposta de Comisión Executiva

Xesús Alonso Montero conclúe mandato como presidente tras catro anos á fronte da RAG

17/03/17 |
A finalización oficializouse no Pleno de hoxe. A nova comisión executiva elixirase nunha sesión extraordinaria que se celebrará proximamente

Siro López profunda na invención do humorismo para a literatura na obra mestra de Cervantes

17/03/17 |
O debuxante presentou na Academia 'Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo', un ambicioso ensaio publicado nos Cadernos Ramón Piñeiro que parte da análise iniciada por Celestino Fernández de la Vega

José Alberte Corral Iglesias doará á RAG os seis mil libros da súa biblioteca persoal

16/03/17 |
Légalle no seu testamento "unha das bibliotecas marxistas máis importantes de Galicia", salienta Xesús Alonso Montero. O escritor destacou na entrega simbólica de varias obras a importancia da RAG "para a toma de conciencia cívica dos galegos"

‘Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos' amplía a colección Clásicos da Academia

14/03/17 |
A RAG e a Fundación Barrié presentan o novo volume, un traballo de Henrique Monteagudo que xunta todos os manuscritos poéticos coñecidos a día de hoxe de Rosalía de Castro
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar