O Día da Ilustración homenaxea a Álvaro Cebreiro

30/01/17 |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dedícalle un vídeo didáctico que reflicte o estilo vangardista do caricaturista, membro das Irmandades da Fala e asinante do manifesto 'Máis alá!'. Dúas publicacións conservadas na RAG, entre os exemplos que amosa a peza audiovisual

O "epílogo" do Ano Filgueira Valverde xunta as achegas de vinte e un autores sobre o "último polígrafo"

26/01/17 |
A Academia presentou no Museo de Pontevedra o 'Boletín' nº 376, dedicado na súa parte monográfica ao intelectual. O volume inclúe tamén os relatorios das celebracións dos centenarios de Xosé María Álvarez Blázquez, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro, e da publicación de 'Vento mareiro'

Un acto recordará o 1 de febreiro a Sebastián Martínez-Risco

26/01/17 |
A RAG e a Irmandade Xurídica Galega organizan unha homenaxe ao xurista e presidente da Academia (1960-1977) nos corenta anos do seu pasamento. Intervirán Xosé Ramón Freixeiro Mato, Consuelo Castro Rei, Xosé Luís Franco Grande, Isabel Risco e Xesús Alonso Montero

O 'Boletín' dedicado a Filgueira Valverde preséntase este mércores no Museo de Pontevedra

23/01/17 |
O acto terá lugar ás 20 horas no Sexto Edificio. O volume recolle alocucións do Día das Letras Galegas de 2015 e os relatorios arredor do polígrafo presentados no Simposio Filgueira Valverde na cultura galega do século XX

Homenaxe en Lisboa a unha grande dos estudos da lírica galego-portuguesa

20/01/17 |
A RAG presentou este xoves na Universidade de Lisboa o libro que editou no que recolle unha escolma de trinta traballos de Elsa Gonçalves. O acto serviu para render tributo á profesora portuguesa, figura sobranceira da investigación da nosa lírica trobadoresca

A Academia apoia que o aeroporto da Lavacolla leve o nome de Rosalía de Castro

20/01/17 |
A institución manifestou a súa "adhesión entusiasta" á proposta do grupo municipal de goberno de Santiago de Compostela, que saíu adiante no pleno de onte por unanimidade. A corporación instará a Fomento e a AENA a cambiaren o nome destas instalacións aeroportuarias

A RAG abre o catálogo do Arquivo a través da Rede e dá acceso a máis de 3.700 documentos dixitalizados

19/01/17 |
A nova aplicación do proxecto Arquivo Dixital de Galicia permite consultar a descrición dos 32.628 documentos conservados na Academia. A colección de pergameos, con exemplos desde o século XIX, engrosará proximamente a listaxe de imaxes dispoñibles

Marilar Aleixandre ingresa na RAG termando da paisaxe e da palabra

14/01/17 |
O respecto polo medio natural, a defensa da lingua e a ollada ao mundo coas lentes da xustiza social e do feminismo son constantes na vida e na obra de Marilar Aleixandre. E tamén son parte fundamental do ensaio co que ingresou hoxe na RAG

Un libro de homenaxe a Elsa Gonçalves recolle unha escolma dos seus estudos de lírica trobadoresca

13/01/17 |
A Facultade de Letras da Universidade de Lisboa acollerá o 19 de xaneiro a presentación do volume 'De Roma ata Lixboa. Estudos sobre os cancioneiros galego-portugueses', unha edición da Real Academia Galega ao coidado de João Dionisio, Henrique Monteagudo e Maria Ana Ramos

Marilar Aleixandre ingresa na RAG o 14 de xaneiro nun acto no Paraninfo da USC

5/01/17 |
A escritora, que ocupará a cadeira vacante polo pasamento de Xosé Neira Vilas, lerá o discurso titulado ‘Voces termando da paisaxe galega’. A académica Fina Casalderrey será a encargada de darlle resposta
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar