'O certame de 'O Galiciano', de Xosé Filgueira Valverde

Neste artigo, recollido no Segundo Adral (Ediciós do Castro, 1981) Filgueira Valverde salienta a importancia dos certames literarios e da prensa escrita integramente en galego no proceso do Rexurdimento.

Declaración da Academia sobre a sentenza do Tribunal Supremo

A seguir, reproducimos a declaración da Real Academia Galega sobre a sentenza do Tribunal Supremo verbo do recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no Ensino non universitario de Galicia.

Presentación do número XXX de 'Cadernos Ramón Piñeiro'

O último número desta colección subtitulado Antonio Blanco Freijeiro, Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990) recolle o intercambio epistolar entre os dous eruditos pontevedreses.

Carlos Valle responde o Cuestionario Filgueira Valverde

O doutor en Historia da Arte, Carlos Valle (Pontevedra, 1953) é director do Museo de Pontevedra desde 1986 e, ademais, membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego e do Centro Galego de Arte Contemporánea entre outros cargos.

Salvador García-Bodaño, fillo adoptivo de Santiago de Compostela

O escritor e membro de número da Academia recibiu, así mesmo, a Medalla de Ouro da cidade en recoñecemento ás súas achegas á vida cultural compostelá.

'A moza que fai frores', de Filgueira Valverde

En 1971, a Editorial Galaxia publicaba un libro de contos de Xosé Filgueira Valverde ilustrado con debuxos de Castelao titulado Quintana viva.

Presentación do 'Epistolario' de Manuel Antonio

A obra, editada por Xosé Luís Axeitos e publicada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, culmina a edición da Obra completa do poeta rianxeiro.

Basilio Losada, académico de honra

A Academia recoñece deste xeito o incansable labor na defensa e difusión da nosa cultura do profesor e escritor lugués establecido en Barcelona.

Un poema de 'Darío a diario', de Xela Arias

A poeta luguesa Xela Arias (1962-2003) publicou en 1996 o poemario Darío a diario dedicado ao seu fillo.

'A Cantiga 103', de Afonso X o Sabio

Filgueira Valverde centrou a súa tese de doutoramento, La Cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval, no estudo desta composición das Cantigas de Santa María.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

PDF [0,5 Mb]
 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar
 

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 373, dedicado a Valentín Paz Andrade

Boletín da Real Academia Galega nº 373

PDF [3,5 Mb]

Cadernos de Lingua nº 35

PDF [8,5 Mb]

Imaxe de portada da Cartografía dos Apelidos de Galicia

Cartografía dos Apelidos de Galicia

Consultar aquí.