Sae do prelo a primeira tradución ao inglés de 'Ilustrísima'

Ilustrísima xa pode lerse en inglés. A primeira tradución desta novela de Carlos Casares ao inglés, His Excellency, acaba de saír do prelo dentro da Galician Classics, un proxecto editorial promovido pola Secretaría Xeral de Cultura e mais polo selo Small Stations Press para a difusión exterior da literatura galega. O volume, unha tradución de Jacob Rogers, foi presentado onte na Cidade da Cultura.
Portada de His Excellency

Este novo título de Galician Classics súmase a outros sete xa vertidos a esta lingua de autores como Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, Lois Pereiro, Díaz Castro ou Celso Emilio Ferreiro". Ilustrísima, publicada por primeira vez en 1980 e unha das obras máis coñecidas de Carlos Casares, é unha historia contra o fanatismo e a intolerancia, ademais dunha homenaxe ao cine, unha das afeccións do autor desde a infancia.

A novidade editorial foi presentada polos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, Håkan Casares; polo editor Jonathan Dunne, pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; e polo membro da Real Academia Galega Manuel González, no marco da exposición bibliográfica coa que a Biblioteca de Galicia celebra o Día das Letras Galegas 2017, Casares: arte e pensamento para Galicia.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar